Méndez Romeu solicita que o Parlamento habilite xaneiro para celebrar plenos e as comisións de investigación sobre as caixas e da corrupción

Méndez Romeu solicita que o Parlamento habilite xaneiro para celebrar plenos e as comisións de investigación sobre as caixas e da corrupción

Méndez Romeu solicita que o Parlamento habilite xaneiro para celebrar plenos e as comisións de investigación sobre as caixas e da corrupción

O portavoz do Grupo Socialista advirte que a Cámara permanecerá sen actividade entre o 20 de decembro e o 1 de febreiro e reclama que continúen os traballos “ao igual que fai o resto da poboación”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, solicita que o Parlamento habilite o mes de xaneiro para continuar coa celebración de plenos, así como das comisións e debates lexislativos pendentes. O responsable socialista poñerase esta semana en contacto cos órganos directivos da Cámara autonómica para solicitar que a Cámara non se paralice neste mes.

O responsable socialista advirte que a Cámara autonómica permanecerá sen actividade dende o 20 de decembro ata o 1 de febreiro, ao unir o Nadal co mes de xaneiro, inhábil, o que considera “un excesivo período sen actividade” para a principal institución do país. Dixo que a Cámara e os seus membros deben continuar traballando “ao igual que fai o resto da poboación co obxectivo de superar a crise económica”.

Méndez Romeu apunta que esta etapa debera contar coa programación e celebración de plenos “tal e como acontece nos períodos ordinarios de sesións”, cunha orde do día fixada “de xeito semellante” ás sesións celebradas en período hábil. Reclama que a Mesa e a Xunta de Portavoces desta semana analicen esta proposta dos socialistas galegos para ter “un certo grao de planificación dos traballos a abordar ata o mes de febreiro”.

Comisións

O portavoz socialista considera este período inhábil incongruente co elevado nivel de cuestións pendentes de abordar, polo que solicita que se habilite o mes de xaneiro para reactivar as comisións de investigación sobre as caixas de aforro galegas e da Comisión sobre as medidas para atallar a corrupción política, “inexplicablemente paralizadas durante o período de sesións que está a rematar”.

Reclama tamén a activación das comisións de seguimento das políticas relativas á discapacidade, que a día de hoxe non celebrou a súa primeira xuntanza de traballo, ou a do estudo para a igualdade dos dereitos das mulleres.

Propón tamén que o Parlamento aproveite este mes para reunir ás ponencias que están a tramitar normas lexislativas, como é o caso da Proposición de Lei pola visibilidade e non discriminación de LGTB, que foi admitida a trámite o pasado 10 de setembro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar