Méndez Romeu sinala que "o verdadeiro balance" da conselleira de Traballo son 95 parados cada día

Méndez Romeu sinala que "o verdadeiro balance" da conselleira de Traballo son 95 parados cada día

Méndez Romeu sinala que "o verdadeiro balance" da conselleira de Traballo son 95 parados cada día

O nº 2 dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, José Luis Méndez Romeu, afirmou hoxe que o “verdadeiro balance” da Consellería de Traballo, que dirixe a cabeza de lista do PP na Coruña, Beatriz Mato, “son os 95 homes e mulleres que cada día van ao paro en Galicia”.

O candidato socialista lembrou que “o desemprego medrou en Galicia o dobre que no resto de España e alcanzou a cifra histórica dos 275.000 parados” durante o mandato de Feijoo, e considerou que “os recortes sociais do goberno galego” contribuíron decisivamente a “este espectacular ritmo de destrucción de emprego”. Neste sentido, lembrou que Galicia dispón hoxe de 2.500 profesores e 1.000 médicos menos, que 40.000 familias con dependentes a cargo seguen esperando pola Lei de Dependencia e que 293 concellos galegos, todos os de menos de 20.000 habitantes, viron suprimido o servizo de axuda no fogar, coa consecuente afectación do emprego e da calidade de vida das persoas que máis o necesitan.

Incremento dos ERES debido á reforma laboral

Méndez Romeu lembrou ademáis que o número de traballadores afectados por un ERE incrementouse nun 43,2% ata o mes de xullo, polo que estimou que “acabaremos o ano cun triste novo récord de ERES en Galicia, que afectan de forma especial á provincia da Coruña, e no que a reforma laboral impulsada polo PP ten moito que ver”, afirmou.

Méndez Romeu subliñou tamén “a incapacidade” do goberno de Feijoo que, a pesar de ter recortado 3.000 millóns de euros nos orzamentos da Xunta desde o ano 2009, non executou o 20% do orzamento de 2011, o que ocasionou a perda de numerosos investimentos produtivos que poderían contribuir á xeración de emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar