Méndez Romeu sinala que a xestión de Feijóo “debuxa un país en saldo” logo da venda de NGB a unha entidade venezolana

Méndez Romeu sinala que a xestión de Feijóo “debuxa un país en saldo” logo da venda de NGB a unha entidade venezolana

Méndez Romeu sinala que a xestión de Feijóo “debuxa un país en saldo” logo da venda de NGB a unha entidade venezolana

O portavoz do Grupo Socialista sinala que os afectados pola fraude das preferentes quedan “no limbo” con 500 millóns de euros sen devolver

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a xestión de Feijóo “debuxa un país en saldo” logo de vender NGB a capital venezolano perdendo 8.000 millóns de euros de diñeiro público. O responsable socialista dixo que malia os compromisos do presidente da Xunta, fracasou na consecución de capital galego para a entidade.

Méndez Romeu censurou que o presidente da Xunta “alardee da venda dos estaleiros, do banco ou de Pescanova” a empresas estranxeiras, que se suman a “outros tantos fracasos na captación de capital galego”. Criticou o “discurso tramposo” do presidente da Xunta, para quen “o público é a Catedral”, en alusión á sesión de control do Parlamento, na que Feijóo dixo que a sanidade era tan pública como a Catedral, que pertence á Igrexa.

O responsable socialista explicou que a realidade é que a toma de decisións e o modelo de negocio da entidade financeira terá lugar “noutras latitudes”, mentres o goberno galego xera unha “confusión interesada para evitar dar explicacións”.

Lembrou que mentres o goberno perde na operación de venda, a través do FROB, un total de 8.000 millóns de euros procedentes dos impostos de tódolos españois, o goberno “regatea as cifras dos servizos públicos” aplicando recortes diminuíndo a súa calidade. Denunciou así que “ninguén ofreza explicacións á cidadanía sobre unha operación de venda “precipitada e ruinosa”.

Acusou a Feijóo de ver o Parlamento como un ente “molesto” ante o que elude dar explicacións, mentres a cidadanía sufre “un ano mais de retroceso en tódalas frontes, economía, emprego e desenvolvemento”.

Preferentes

Reclamou unha explicación sobre os compromisos adquiridos coa venda a un “actor descoñecido no mercado Español”, e lembrou que “non se fala da situación dos preferentistas”, que pasan a estar nun “limbo” sen interlocutor algún nin lugar onde reclamar os 500 millóns de euros estafados e que están pendentes de ser devoltos.

Puntualizou ademais que a operación de venda foi levada a cabo co apoio de Feijóo mentres os directivos son destituídos, así como no fracasado proceso de fusión foi impulsado tamén polo presidente da Xunta en contra da opinión dos directivos da entidade.

Sector eléctrico

O portavoz do Grupo Socialista sinalou tamén o “fracaso” na reforma do sector eléctrico por parte do goberno do PP, logo de dous anos “insistindo no seu obxectivo de controlar o déficit tarifario desbocado”. Sinalou que “polo camiño se liquidan as enerxías renovables ou se bloquea o autoconsumo” e fracasan tamén na solución para os investimentos previstos polas empresas beneficiadas no concurso eólico.

Aludiu así a un proceso que rematou onte co rexeitamento do proceso de poxa pola Comisión da Competencia da UE por estar “presuntamente amañada”, nun proceso no que o goberno evita protexer aos consumidores ou diminuír as peaxes tarifarias que gravan as facturas.

Finalmente, advertiu que o goberno ten adiado a medidas impopulares da reforma local ata 2016, adiando a “expropiación de servizos públicos competencia dos concellos” para adoptalas logo das eleccións municipais. Acusounos de agochar o empobrecemento da capacidade de actuación dos concellos para aumentar a capacidade de “manipulación” por parte das Deputacións e deteriorar os servizos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar