Méndez Romeu revela que a Xunta “incorporou” a Pachi Luchas como mediador no proceso de negociación da fábrica de armas de A Coruña

Méndez Romeu revela que a Xunta “incorporou” a Pachi Luchas como mediador no proceso de negociación da fábrica de armas de A Coruña

Méndez Romeu revela que a Xunta “incorporou” a Pachi Luchas como mediador no proceso de negociación da fábrica de armas de A Coruña

Méndez Romeu Estado Autonomía webO portavoz dos socialistas galegos, José Luis Méndez Romeu, revelou hoxe no pleno do Parlamento que o “abrelatas” da Operación Zeta, Pachi Lucas, exerceu tamén como mediador a petición da Xunta na recente negociación para a adxudicación da Fábrica de Armas de A Coruña, que finalmente recaeu na empresa Hércules de Armamento.

Despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmase esta mañá a preguntas do socialista que nunca tivo un mediador na súa vida, Romeu asegurou pola tarde que “atopamos tamén neste proceso ao conseguidor por antonomasia, o amigo do presidente, compañeiro de espectáculos, empresario, proveedor do PP e comisionista recoñecido no sumario da Operación Zeta”.

Nunha pregunta ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, Méndez Romeu preguntoulle se Pachi Lucas estivo no proceso por petición de Feijóo ou do propio conselleiro, á marxe de criticar que a fábrica de armas “foi adxudicada a unha empresa que non ten solvencia económica, non garante os postos de traballo e os seus compromisos financeiros non son firmes”.

Hércules de Armamento, creada cun capital social de 3.000 euros meses antes da adxudicación, fíxose coa xestión das instalacións, de 130.000 metros cadrados e con numerosa maquinaria de precisión, “pero era a que menos investimento prometía”. Ademais, o ex directivo do Igape Carlos Silva, imputado na Operación Campeón, está vinculado á empresa adxudicataria, para a que realiza labores comerciais.

Na súa resposta, o conselleiro de Industria afirmou que a adxudicación foi responsabilidade do Ministerio de Defensa, sen negar a presenza neste proceso de Pachi Lucas e Carlos Silva.
“É un proxecto cheo de dúbidas e, por certo, recurrido pola vía do contencioso desde hoxe mesmo”, engadiu o portavoz socialista. Os traballadores da fábrica de armas, presentes hoxe no pleno da Cámara, denuncian tamén presuntas irregularidades neste proceso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar