Méndez Romeu responsabiliza a Feijóo de situar a un de cada seis galegos por debaixo do limiar da pobreza

Méndez Romeu responsabiliza a Feijóo de situar a un de cada seis galegos por debaixo do limiar da pobreza

Méndez Romeu responsabiliza a Feijóo de situar a un de cada seis galegos por debaixo do limiar da pobreza

Méndez Romeu reclámalle ao presidente da Xunta que saia do seu “palacio dourado” e “escoite aos cidadáns”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, responsabilizou hoxe a Feijóo de ter situado ao 17 por cento dos galegos e galegas por debaixo do limiar da pobreza. Méndez Romeu dedicou a sesión de control ao presidente para reclamarlle que abandone o seu “palacio dourado” para “escoitar aos cidadáns”.

Méndez Romeu tomou o “espeluznante” dato do índice da pobreza que ofreceu o propio presidente da Xunta, no que se atopa un de cada seis galegos e galegas mentres a Xunta “reduce o gasto social 8 puntos e triplica o gasto en débeda”. O responsable socialista cuestionou que o presidente da Xunta coñeza “como vive realmente a xente no noso país”.

Dixo que o PP é o responsable dunhas políticas de austeridade “extremadamente destrutivas” e que levaron aos galegos e galegas a amosar, nas eleccións do pasado domingo, o seu “inmenso malestar diante das políticas de austeridade que provocan miseria, empobrecemento e estado de necesidade en tantísimas persoas”.

Tomou as cifras actuais do Instituto Nacional de Estatística para sinalar que 90.000 familias galegas non chegan a fin de mes, das cales 60.000 atópanse con moitas dificultades. Isto significa que “unha de cada cinco familias galegas ten dificultades para chegar a fin de mes, afrontar gastos imprevistos, facer fronte ao pago de recibos ou mesmo soster o pago da súa vivenda.

Continuou sinalando que Galicia ten hoxe o peor dato da historia relativo ao número de fogares con tódolos seus membros en paro, con un total de 100.000, 20.000 mais dende o comezo da lexislatura e un 10 por cento da totalidade das familias. Ademais, 34.300 fogares carecen de ingresos e cada día hai 7 novos desafiuzamentos, 2.500 ao ano.

Engadiu que o fracaso das políticas sociais do goberno galego fai que entidades como Cáritas teñan que atender a 110.000 persoas, mentres 10.000 preceptores da Renda de Inserción Social de Galicia –Risga- padecen atrasos “de varios meses” por parte do goberno galego.

Sinalou que hoxe hai 130.000 desempregados, o 47 por cento do total, que non perciben “ningunha prestación”, fronte a 12.000 que perciben a renda de inserción. A realidade, dixo, é que 64.000 persoas desempregadas teñen que vivir con 426 euros ao mes e outras 83.000 reciben 797 euros de media.

Méndez reclamoulle ao presidente da Xunta que “compare os seus propios ingresos” e explique si realmente é “consciente das condicións de vida dos cidadáns de Galicia”. Explicou que 110.000 pensionistas galegos “non chegan a 342 euros ao mes”, mentres outros 236.000 cobran menos de 684 e só a cuarta parte superan os 1.000 euros netos mensuais “prorrateando as pagas extra”.

Asalariados

Méndez Romeu apuntou tamén que nos dous últimos anos hai en Galicia 60.000 asalariados menos, mentres a remuneración diminuíu nun 5 por cento do PIB, e co 30 por cento dos asalariados cobrando “menos do salario mínimo para soster unha familia”. A metade destes, abundou, nin sequera chegan á metade do salario mínimo.

O portavoz socialista dixo que hoxe hai 295.000 asalariados gañando en torno a 645 euros, e 172.000 persoas con contrato perciben tan só 325 euros ao mes, mentres o presidente da Xunta, dixo, descoñece o prezo do alugueiro ou do cesto da compra ao que se teñen que enfrontar estas persoas.

Maioría relativa, si existe denominador común de resultados é inmenso malestar cidadáns UE, Gal e España diante de políticas austeridade que provocan miseria, empobrecemento e estado necesidade tantísimas persoas

Galicia políticas austeridade extremadamente destrutivas

INE, datos de hoxe

90.000 familias non chegan fin de mes
60.000 moitas dificultades
150.000 dificultades, unha de cada cinco familias galegas ten dificultades chegar a fin de mes, afrontar gastos imprevistos, facer fronte pago recibos ou mesmo soster pago vivenda

Persoas fogares con tódolos membros en paro, mais de 100.000, peor dato da historia de Galicia, 20.000 familias mais con tódolos membros parados na actual lexislatura, 10% totalidade familias galegas

34.300 fogares sen ingresos
Cada día 7 novos desafiuzamentos, 2.500 ano

110.000 atendidos Cáritas último ano

10.000 retrasos crecentes Risga varios meses

130.000 desempregados, 47% do total que non cobran ningunha prestación
12.000 desempregados cobran subsidio, renda inserción

64.000 persoas desempregadas reciben 426€ ao mes para poder vivir. 83.000 persoas reciben 797€ media ao mes para poder vivir

Compare os seus propios ingresos e conteste, é consciente de deterioro condicións de vida dos cidadáns de Galicia?

---

17% índice pobreza; cifra espeluznante, unha de cada seis persoas debaixo dese índice

Datos sobre cómo vive realmente a xente noso país

110.000 pensionistas galegos non chegan a 342€ ao mes

236.000 menos de 684€
Só a cuarta parte pensionistas superan 1.000€ netos mensuais prorrateando pagas extra

Dous últimos anos 60.000 asalariados menos
Remuneración caeu 5% PIB

30% asalariados cobra menos do salario mínimo para soster familia
50% desas persoas non chegan á metade do salario mínimo

295.000 asalariados gañan 645€; nin sequera os parados
172.000 persoas con contrato gañan 325€ ao mes; sabe prezo de aluguer ou do cesto da compra?

Algunha vez sae do seu palacio de luxo, palacio dourado e escoita aos cidadáns?

Sobre un millón de asalariados un de cada seis 325€ ao mes

Reducir gasto social 8 puntos, triplican o gasto en débeda

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar