Méndez Romeu recrimina a Feijóo que, logo de 18 meses do seu primeiro anuncio, non se sabe nada dos contratos de Pemex, de Barreras nin do dique flotante

O portavoz socialista, Méndez Romeu, di que o anuncio do atraso sobre a decisión dos contratos dos floteis é o enésimo incumprimento de Feijóo co sector naval, censura a frecuencia con que o Presidente galego falta a deliberadamente á verdade

Méndez RomeuO portavoz socialista, Jose Luis Méndez Romeu, considera que o anuncio de PEMEX de que demorará a súa decisión sobre o contrato dos floteis aos que aspiran os estaleiros galegos de Navantia e Barreras a “enésima” ocasión en que se produce un incumprimento dos anuncios de Feijóo respecto ós compromisos adquiridos polo Presidente da Xunta co sector naval.

Censura Méndez que “todo estea igual que hai un ano”, o único certo, critica o deputado socialista, é que “non se sabe nada de PEMEX, non se sabe nada do futuro de Barreras e non se sabe nada do dique flotante de Ferrol”. Reprocha ao titular do Executivo galego xa pasaron 18 meses desde o seu primeiro anuncio do acordo coa petroleira mexicana para a construción de buques en Vigo e Ferrol.

Acusa a Núñez Feijóo de ter feito “repetidos compromisos”, todos eles incumpridos respecto da construción naval, un sector que reclama carga de traballo de xeito urxente para a súa supervivencia.

O portavoz socialista reclama responsabilidades políticas á Xunta e a Feijóo que “ou ben non controla o que di, ou ben falta a verdade”. Neste sentido, Méndez Romeu afirma que “non é nada infrecuente que o presidente da Xunta falte á verdade deliberadamente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar