Méndez Romeu recoméndalle a Feijóo que “se mire no espello” ao sinalar aos presidentes incapaces de sacar ás súas autonomías da crise

Méndez Romeu recoméndalle a Feijóo que “se mire no espello” ao sinalar aos presidentes incapaces de sacar ás súas autonomías da crise

Méndez Romeu recoméndalle a Feijóo que “se mire no espello” ao sinalar aos presidentes incapaces de sacar ás súas autonomías da crise

O portavoz do Grupo Socialista critica que o presidente da Xunta “prefira o Hotel Ritz” fronte ao Parlamento para intervir “por ser mais proclive ao aplauso e menos ao diálogo”

Advirte que Feijóo da conta en Madrid da proposta socialista para pedir unha Conferencia de Presidentes logo de “fuxir pola porta de atrás” na xuntanza con Besteiro

Sinala que a redución de deputados é unha “constante nos réximes e grupos autoritarios que prefiren eliminar ás voces discordantes e clausurar as institucións”

jlméndezO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, recomendoulle hoxe ao presidente da Xunta que “se mire no espello” cando critica aos presidentes incapaces de sacar ás súas comunidades autónomas da crise. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que o PP volveu vetar as solicitudes de comparecencia do presidente da Xunta sobre emprego e o agochamento dos contratos con Marcial Dorado.

O responsable socialista replicoulle ao presidente da Xunta logo de que este apuntara onte en Madrid que o problema non é quen ten a bandeira mais grande, senón de quen non é capaz de saír da crise. Méndez Romeu aludiu por unha parte a que a xestión de Feijóo mantén a Galicia na crise e, ademais, sinalou que “supoñemos que estaría pensando en Federico Trillo” en alusión ás homenaxes á bandeira organizados polo ex ministro do PP.

Ademais, amosou a súa sorpresa por que o presidente da Xunta escollera a xornada de onte para dar conta en Madrid das cuestións das que “fuxiu pola porta de atrás” logo da xuntanza da pasada semana co secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro.

Lembrou que Feijóo mesmo propuxo unha Conferencia de Presidentes para abordar o financiamento autonómico, cando foi unha proposta socialista do pasado debate do Estado da Autonomía e está incluída nas emendas aos orzamentos que serán debatidas o próximo luns.

O portavoz socialista criticou hoxe que o presidente da Xunta elixira comparecer no Hotel Ritz de Madrid “mais proclive ao aplauso e menos ao diálogo” fronte ao Parlamento de Galicia, onde o PP vén de rexeitar a comparecencia de Feijóo para dar conta do fracaso das súas políticas de impulso do emprego e a ocultación dos contratos con Marcial Dorado.

Autoritario

Méndez Romeu criticou que o PP volva impedir o debate na Cámara autonómica, “imposible dende hai 5 anos”, mentres Feijóo “demostra que lle gusta moito mais o debate sobre a redución da Cámara”. Lembrou que “esta é unha constante nos réximes e grupos de carácter autoritario, que ven un inimigo no debate público e prefiren eliminar as voces discordantes, reducir o debate e clausurar as institucións específicas”.

Os socialistas, explicou, presentarán no Pleno da próxima semana unha pregunta ao presidente sobre a falla de transparencia, información e razóns xustificadas para acelerar a venda de NGB. Sinalou que a propia patronal galega amosou a súa “distancia” do proceso aplaudido pola Xunta.

A sesión incluirá tamén unha interpelación Socialista sobre a pésima situación de Galicia no índice de competitividade rexional feito público polo Eurostat, que sitúa a esta Comunidade Autónoma no posto 193 das 262 rexións comunitarias. Galicia, sinalou, fica mal parada nos canto á destrución de emprego, Universidade, sociedade da información e as políticas de innovación e eficiencia, nas que figura en derradeiro lugar.

Méndez Lamentou que en lugar de iniciar unha reflexión que inicie a solución desta situación, o goberno galego “demóstrase xordo ao clamor popular, cego diante da situación das persoas e mudo á hora de propor solucións”.

Prestige

O próximo Pleno do Parlamento incluirá unha pregunta oral na que os socialistas reclamaranlle á Xunta que explique si presentará unha demanda polos danos ocasionados polo Prestige pola vía civil ou penal.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei sobre a aplicación do canon de Sogama, logo de que a Xunta desbotara o diálogo cos concellos para asegurar que “se paga ou se paga”. Criticou que o goberno “impoña taxas e tributos, non dialoga e presenta unha solución medioambientalmente insostible e economicamente discutible”.

Advertiu que a estratexia da empresa está marcada por “un socio que decide que os investimentos, en lugar de facelos nos estaleiros galegos os leva a Singapur ou Corea, e resulta ser o principal adxudicatario de concurso eólico”, en alusión a Gas Natural Unión Fenosa. Méndez Romeu sinalou que o presidente da Xunta demostrou coa súa resposta á situación de Sogama no Pleno pasado “un absoluto descoñecemento da política local”.

O Pleno da próxima semana incluirá tamén unha moción sobre a situación das familias galegas, unha proposición non de Lei sobre o cofinanciamento da farmacia hospitalaria e unha pregunta sobre a situación das bolsas Erasmus, pendentes do próximo curso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar