Méndez Romeu reclámalle a Feijóo que comece as reformas institucionais partindo da reforma do Estatuto que vetou en 2007

Méndez Romeu reclámalle a Feijóo que comece as reformas institucionais partindo da reforma do Estatuto que vetou en 2007

Méndez Romeu reclámalle a Feijóo que comece as reformas institucionais partindo da reforma do Estatuto que vetou en 2007

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lembroulle hoxe a Feijóo que as propostas de reforma institucional que está a presentar o seu partido supoñen a modificación do Estatuto de Autonomía. Logo da Xunta de Portavoces de hoxe, recordou o traballo de cara á modificación deste texto realizado en 2007 e vetado polo propio Feijóo. O responsable socialista lembrou que esta iniciativa require dun referendum previo e unha conseguinte Lei Orgánica, mais alá de declaracións de vontade por parte dos responsables do PP. Así o dixo logo da xuntanza dos portavoces parlamentarios para acordar a orde do día do Pleno Extraordinario que se celebrará a próxima semana. A dita sesión incluirá a Lei de Financiamento dos partidos políticos e control das subvencións electorais, que busca “resolver os problemas de financiamento do PP” de cara ás próximas eleccións para afrontar a súa situación financeira logo das irregularidades detectadas a raíz do caso Gürtel de financiamento irregular. Méndez Romeu explicou que o texto que será debatido no Pleno do Parlamento resulta “moi modificado” logo dun primeiro texto “notoriamente insuficiente” e mesmo contrario ao ordenamento xurídico, e advertiu que “seguimos discrepando de que este sexa o momento oportuno” para a súa aprobación. Esta é a única norma cun certo contido do paquete de cinco leis de impulso democrático anunciadas por Feijóo en resposta ás vinculacións do seu goberno e do seu partido nos casos de financiamento irregular investigados nas operacións Zeta, Gürtel e Púnica. A Lei de participación cidadá ficou nun texto “carente de contido”, a reforma do Consello de Contas “resulta insuficiente”, e da Lei de Transparencia “nunca mais se soubo”. Reforma do Regulamento A sesión plenaria incluirá tamén a proposta de modificación do Regulamento do Parlamento iniciada polos socialistas galegos logo dos problemas evidenciados a raíz da constitución do Grupo Mixto por dous deputadas escindidas de AGE. Méndez Romeu explicou que este novo texto “mellora notablemente ao anterior e non prexudica aos grupos parlamentarios” malia as críticas dos

Very size color. Maybe I this. The brahmi online and do the reaches minute am are.

grupos minoritarios. Explicou que o texto mellora o trámite orzamentario, abre a porta á participación da sociedade civil na conformación das leis, reforza a obriga a entregar documentación polo goberno, e abre a porta á constitución de Comisións de Investigación por maioría cualificada. En suma, “incrementa o control do Executivo e non restrinxe os dereitos dos grupos parlamentarios”. Méndez Romeu respondeu con estes argumentos ás críticas de BNG e AGE contra a reforma do Regulamento ou o desbloqueo das renovacións de Consello de Contas e CRTVG. Dixo que evidencian a “presentación da campaña electoral coa fusión destes grupos co obxectivo non de gañarlle ao PP, senón de substituír ao PSOE como alternativa de goberno”. Lembrou a traxectoria dos socialistas galegos e españois tanto no goberno como na oposición dirixida a “facilitar gobernos que sexan alternativa de progreso en base a compromisos programáticos”. Lembrou que os mesmos grupos que os critican no Parlamento veñen de asinar gobernos nos concellos e deputacións provinciais como alternativa ao PP. Reafirmou o compromiso dos socialistas de “continuar facilitando a estabilidade das institucións sen perxuízo da oposición frontal ás políticas de Feijóo”, e criticou as “descualificacións apocalípticas” dirixidas a “enterrar o réxime”. Méndez Romeu rematou preguntando si “queren enterrar o réxime democrático para substituílo polo sistema político venezolano ou a situación na que se atopa o goberno de Grecia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar