Méndez Romeu propón crear unha comisión que traballe na adaptación das corporacións locais á coxuntura económica

Méndez Romeu propón crear unha comisión que traballe na adaptación das corporacións locais á coxuntura económica

Méndez Romeu propón crear unha comisión que traballe na adaptación das corporacións locais á coxuntura económica

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Luís Méndez defendera no vindeiro Pleno do Parlamento unha moción na que reclama crear unha Comisión non permanente especial, que propoña as medidas normativas, organizativas e políticas necesarias para adaptar as corporacións locais á actual conxuntura económica e ás novas demandas sociais.

O parlamentario socialista acusou ao Goberno de Feijoo de aplicar “a discrecionalidade na política local da Xunta”, e criticou que “repartiu o 88 por cento das axudas aprobadas pola Xunta en xullo entre concellos do PP”.

Méndez Romeu denunciou a “asfixia financeira” á que o goberno de Feijoo somete ás entidades locais, xa que dixo “reduce notablemente o Fondo de Cooperación Local da Comunidade”.

O deputado esixe ao goberno galego que traballe pola “construcción de consensos sociais e políticos no plano local, que abranga asuntos como a tributación local ou a mellora do deseño da saúde, o ensino, o emprego ou os servizos sociais”. Nese senso instou á Xunta a que estea á altura das demandas dos concellos, que “veñen de poñer sobre a mesa a súa vontade suprapartidaria de avanzar no Pacto polo Territorio, o Plano de Transporte”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar