Méndez Romeu reclama o compromiso da Xunta para rebaixar os prezos da enerxía a Alcoa

Méndez Romeu reclama o compromiso da Xunta para rebaixar os prezos da enerxía a Alcoa

Méndez Romeu reclama o compromiso da Xunta para rebaixar os prezos da enerxía a Alcoa

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou hoxe o compromiso expreso da Xunta para acadar unha rebaixa nos prezos da enerxía para Alcoa que garanta a continuidade das dúas plantas galegas. Así o dixo nunha Interpelación debatida no Pleno de hoxe na que dixo que o ERE da empresa evidencia que se atopa “en perigo”.

Méndez Romeu salientou a necesidade de contar cun “horizonte despexado” por canto ás tarifas de enerxía eléctrica para os próximos 5 ou 8 anos que “permita levar a cabo os investimentos necesarios”. Advertiu que o elevado prezo da enerxía, que supón un 38 por cento do custe final da empresa pero é un 2,5 por cento superior ao dos países do entorno, xunto co ascenso do prezo do aluminio, minora a competitividade das plantas.

Advertiu que estas empresas “non poden estar paralizadas por dúbidas sobre o seu futuro” e reclamoulle á Xunta o máximo esforzo para evitar que Galicia siga o camiño de Cerdeña, onde se ven de pechar unha planta de Alcoa. Esta finalizou a súa actividade en beneficio da planta que están a construír en Arabia Saudí, por estar máis preto dos mercados crecentes do leste de Europa.

Reclamou unha “posición activa” do goberno galego para que a ampla produción enerxética de Galicia se vexa reflectida nos prezos finais da factura da electricidade, na que os custes regulados, as peaxes, primas ou cargas fiscais supoñen o 40 por cento do prezo final. Lembrou a importancia desta rebaixa para unha empresa, Alcoa, que consume o 20 por cento do total da electricidade consumida en Galicia.

O parlamentario socialista considerou “imprescindible” a participación da Xunta nos acordos sobre o prezo da enerxía para estes grandes consumidores “coa mediación das autoridades públicas”, para os que Galicia “está en condicións especiais para facer oír a súa voz no sector eléctrico español”. Reclamou ao goberno galego que faga valer esta posición garantida como principais exportadores de enerxía.

Traballadores

Sinalou que as plantas de San Cibrao e de Coruña contratan a 1.500 e 430 traballadores directos, respectivamente e que, xunto cos empregos indirectos, suman un total de 3.000 empregos, co que as dificultades que está a atravesar, cun ERE aínda en vigor na planta da Coruña, afectan a toda a Comunidade Autónoma.

Explicou que, grazas a esta empresa, o Porto de San Cibrao é actualmente o segundo de Galicia en movemento de mercadorías a pesares de traballar en exclusiva para esta factoría, que xera o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo e o 26 por cento da Mariña lucense. Dixo que, hoxe en día, unha de cada catro persoas activas nesta comarca traballa para esta planta.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar