Méndez Romeu demanda o cese de Guerra polos escándalos de corrupción e o fracaso no impulso da economía galega

Méndez Romeu demanda o cese de Guerra polos escándalos de corrupción e o fracaso no impulso da economía galega

Méndez Romeu demanda o cese de Guerra polos escándalos de corrupción e o fracaso no impulso da economía galega

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, considerou hoxe ao conselleiro de Economía e Industria “amortizado” polos casos de corrupción e o fracaso das políticas de impulso da actividade económica. Reclamou o cese do conselleiro e presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta “asuma as súas responsabilidades”.

Lamentou a “oportunidade perdida” por Feijóo para utilizar a “reforma cosmética” do goberno para relevar a un conselleiro que acumula escándalos de corrupción e “só ofrece malas novas” a nivel económico sen que se teña producido unha soa comparecencia sobre estes asuntos. Lamentou o “descontrol” amosado diante das irregularidades que salpican ao Igape e o “fracaso de tódalas medidas de revitalización industrial”.

O responsable socialista fixo un relatorio dos casos rexistrados nos últimos meses no ente de impulso económico con dous imputados pola Operación Campeón, outro na Operación Area, que se suma a varios da área de mineiría da Consellería, a concesión de 7 millóns de euros de subvencións a familiares dun alto cargo do Igape e a destitución do seu secretario xeral logo de coñecerse “conflitos de interese con indicios de corrupción”.

Méndez Romeu advertiu que esta situación coincide no tempo coa parálise do concurso eólico, o desplome do Índice de Produción Industrial e a caída na creación de sociedades mercantís ou a crise do sector naval. Así, presentou unha serie de iniciativas para que a Xunta “clarexe a situación financeira de Galicia asumindo as súas competencias na materia”.

Avais

Méndez Romeu presentou hoxe unha Interpelación para que a Xunta explique por qué leva dende xullo de 2010 sen presentar os datos sobre os avais o Igape que está obrigada a ofrecer cada tres meses. Acusou ao goberno galego de agochar a situación real do organismo cando a morosidade dispárase ao 7,42 por cento e Galicia está ameazada de ser considerada “bono basura”, como sucedeulle a Valencia, polas axencias de rating.

Advertiu que os socialistas galegos tiveron que presentar unha batería de iniciativas parlamentarias, solicitar o amparo da presidenta da Cámara e realizar a denuncia pública desta situación en rolda de prensa para que a Xunta remitira hoxe os devanditos avais. Lembrou o “elevado número de asuntos pendentes” sobre os que o Goberno galego segue sen presentar información e que seguirán suscitando iniciativas parlamentarias.

Méndez Romeu reclamou tamén a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria para dar conta do cese do secretario xeral do Igape no pasado mes de decembro logo de concederlle á súa anterior empresa, a Confederación de Empresarios de Galicia, axudas por 18 millóns de euros para a privatización da acción exterior do ente “sen concurso nin concorrencia pública”.

Presentou unha Interpelación para acadar a explicación do conselleiro no Parlamento pola privatización da área internacional do Igape a favor da CEG. Criticou que tampouco quixera dar conta dos seis meses que estivo o ente sen dirección, das dúas imputacións –e ningún cese- na Operación Campeón, as posibles fraudes nas axudas comunitarias e as axudas de 7 millóns de euros a familiares dun alto cargo do ente.

Tamén presentou unha Inerpelación sobre a dispersión das axudas concedidas polo Igape á ampliación de capital das empresas que resultan insuficientes e demostran a ausencia de política industrial do goberno. Sinalou que, dun total de 44 axudas, só unha acada os 7.800 euros e outra máis os 3.000, mentres as 42 restantes sitúanse por debaixo desta cantidade e incluso 3 están por debaixo dos 300 euros.

Finalmente, interpelou ao goberno galego polo desmantelamento do Plan Revive, orixinalmente dirixido á Costa da Morte, presentado o 16 de febreiro e liquidado logo das eleccións xerais “sen ter executado ningunha actuación”. Lembrou que este proxecto contaba cunha dotación de 25 millóns de euros para mobilizar 70 millóns nos 19 concellos da comarca.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar