Méndez Romeu reclama “menos ocorrencias e mais concreción” nos procesos de fusión de concellos

Méndez Romeu reclama “menos ocorrencias e mais concreción” nos procesos de fusión de concellos

Méndez Romeu reclama “menos ocorrencias e mais concreción” nos procesos de fusión de concellos

O portavoz de Administración Local do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamoulle hoxe ao conselleiro de Presidencia e Administración Pública “menos ocorrencias e máis concreción” nos procesos de fusión de concellos. Así o dixo na comparecencia de Alfonso Rueda sobre a cooperación local, que tivo lugar hoxe no Parlamento.

O parlamentario socialista criticou que o goberno galego teña anunciado a fusión de Oza e Cesuras “de costas a calquera opinión da xente e dos seus lexítimos representantes” ao non comunicárllelo á Corporación Municipal ata 15 días despois. Ademais advertiu que a día de hoxe “aínda non presentaron ningún estudo” que avale este proceso, así como a situación dos servizos municipais e os prezos e taxas que serán aplicados.

Criticou así que o Goberno galego teña comezado “por decisión dos dirixentes do PP” sen ter en conta a opinión os veciños e “sen presentar ningún estudo de planificación”, evidenciando que “primeiro anuncian a nova e despois ven cómo a instrumentalizan”. Criticou que en lugar de buscar unións lóxicas anuncian unha fusión que dúas corporacións que “teñen a mesma viabilidade xuntas que por separado”.

Méndez Romeu cualificou este proceso de “invitación tramposa” do PP que “elixe como modelo dous concellos nos que teñen unha maioría de dous terzos e poden tomar decisións de costas aos veciños”. Subliñou que os socialistas “responderemos á demanda da xente” e reclamou un acordo para que as fusións estean baseadas na “complementariedade, viabilidade e pluralismo político”.

Propuxo “racionalizar as competencias das institucións” pero sempre garantindo a prestación de servizos públicos para que cada función sexa asumida por unha única administración. Lembrou a proposta socialista –desbotada polo PP- para reorganizar as funcións das deputacións aos concellos menores e establecer un marco de incentivos para os concellos.

Advertiu que, fronte ao modelo de “fusión por ocorrencia” de Feijóo, no entorno da UE os procesos deben partir ou ben dunha decisión no ámbito do Estado que implica a revisión das competencias e financiamento, ou ben mecanismos de cooperación “que respectan as idiosincrasias e permiten manter o nivel de investimentos”.

Supresión de servizos

Méndez Romeu esixiu garantías á Xunta do cumprimento dos servizos públicos, xa que o aforro a través da fusión destas institucións, no caso dos concellos rurais como Oza e Cesuras, só pode producirse reducindo persoal ou servizos. Reclamou ao Goberno que explique si “queren borrar a singularidade local e acelerar o despoboamento eliminando a prestación de servizos”.

O parlamentario socialista esixiu ao goberno galego que expoña si van pechar o centro de ensino de Cesuras porque tan só ten 60 alumnos ou si van pechar os centros de saúde rurais por pouca demanda. Reclamou así unha aplicación obxectiva e racional dos recursos do goberno galego paraa garantir a prestación de servizos, e criticou o uso partidario dos fondos dirixidos aos concellos por parte de Feijóo.

Méndez Romeu lembrou que mentres o financiamento local foi duplicado na pasada lexislatura, co goberno do PP reduciuse nun 9 por cento, que polo contrario “incrementou o financiamento condicionado de subvencións condicionadas que distribúen con criterios políticos”.

Así, sinalou que actualmente “non abonan os gastos dos convenios asinados o ano pasado cos entes municipais e que foron plenamente executados”, co que “forzan aos concellos a pedir créditos ICO para facerlles fronte”.

Sinalou tamén que o proceso de redución de concellos contrasta coa estratexia orixinal do PP, que cando chegou á Xunta incrementou o número de concellos de 313 a 315 e defendeu o proceso de comarcalización que 20 anos despois quedou “en nada”.

Advertiu que a dificultade reside nos núcleos de poboación e non nos concellos, xa que Galicia conta con 30.000 dos 60.000 núcleos do Estado, e os concellos de Oza e Cesuras teñen con “varios centos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar