Méndez Romeu reclama á Xunta que manteña os orzamentos de 2012 para Educación e I+D

Méndez Romeu reclama á Xunta que manteña os orzamentos de 2012 para Educación e I+D

Méndez Romeu reclama á Xunta que manteña os orzamentos de 2012 para Educación e I+D

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, reclama á Xunta que nos orzamentos de 2012 non recorte os créditos correspondentes aos programas de ensino non universitario, universitario e I+D. Así o reclamarán os socialistas nunha moción que será debatida no Pleno que se celebra esta semana.

Os socialistas esixen ao goberno galego “que programe os recursos humanos e económicos suficientes, así como as adaptacións organizativas necesarias” para que no ano 2015 Galicia acade unha taxa de titulados na ESO superior ao 80 por cento. Esta iniciativa cifra tamén como obxectivo para ese ano que o abandono de estudantes de Bacharelato e Formación Profesional sexa inferior ao 15 por cento.

Méndez Romeu solicita que a Xunta asuma como obxectivo irrenunciable que “os resultados na vindeira avaliación do informe PISA melloren nun 20 por cento no segmento superior”, e que a taxa de estudantes de FP medre nun 10 por cento no ano 2015.

Esta iniciativa reclama á Xunta unha liña de axudas á conciliación do estudo e o traballo para aumentar os titulados de bacharelato e FP entre 20 e 24 anos. Tamén reclamou que impulse, cos axentes sociais e empresariais, o proceso de Acreditacións Profesionais ata cubrir os perfís profesionais con mais ocupación, ademais de impulsar unha maior implicación das empresas na FP regrada.

Ademais, o responsable socialista reclamou que a Xunta promova a utilización das novas tecnoloxías acelerando os procedementos administrativos telemáticos para que, en tres anos, a metade destes se cursen integramente en contornos telemáticos. Solicita ademais a dotación de aulas tecnolóxicas en todos os centros da terceira idade e que garanta a accesibilidade aos recursos das persoas con discapacidade.

Investigación

Méndez Romeu propón que o goberno galego promova, de acordo coas universidades e colectivos investigadores, a participación de grupos galegos de investigación nos programas de excelencia como Cenit, Consolider e as convocatorias do Consello Europeo de Investigación. Considera imprescindible o reforzo dos grupos de investigación e potenciando o funcionamento das OTR con maior capacidade de asesoramento.

O portavoz de Innovación propón que a Xunta retome o programa Manuel Colmeiro para a consolidación dos investigadores, e promova o desenvolvemento de liñas de investigación en todos os hospitais da rede pública e os centros tecnolóxicos dependentes da Administración. Tamén solicita a creación dunha institución para a captación de investigadores noutros territorios.

Idiomas

Ademais, solicitou o impulso do ensino de idiomas co intercambio de 300 profesores e profesoras de idiomas con outros países, así como estadías de estudantes de bacharelato e FP en paro supeditadas a cursos de idiomas de 20 horas semanais.

En concreto, propuxo a creación dunha unidade de apoio á investigación no marco da Fundación Galicia – Europa, así como un marco de convenios con autoridades educativas doutros países que permita duplicar o número de profesores nativos para ensinanzas de idiomas durante o curso académico.

Tamén solicitou unha liña de préstamos e axudas para estadías no estranxeiro de titulados de FP ou bacharelato en situación de desemprego que lles permita acadar competencia en idiomas. Finalmente reclamou que a TVG ofreza películas e series en versión orixinal subtituladas cando a lingua orixinal sexa o inglés.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar