Méndez Romeu: “O Goberno galego amosa unha actitude de indiferenza e menosprezo cara a formación das novas xeracións”

Méndez Romeu: “O Goberno galego amosa unha actitude de indiferenza e menosprezo cara a formación das novas xeracións”

Méndez Romeu: “O Goberno galego amosa unha actitude de indiferenza e menosprezo cara a formación das novas xeracións”

O candidato do PSdeG, Méndez Romeu, acusou ao Goberno galego de “estar de costas a realidade educativa, amosando unha actitude de indiferenza e menosprezo cara a formación das novas xeracións”. O candidato socialista fixo estas declaración, hoxe en Santiago, antes de participar na manifestación convocada polas ANPAS do rural, onde xunto co tamén candidato, Xosé A. Sánchez Bugallo, encabezaron a representación socialista.

Neste senso, Méndez Romeu resaltou que “esta a falta de compromiso do Goberno galego coa formación das novas xeracións queda patente co anuncio do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, de non facer ningún acto hoxe, coincidindo co inicio do curso escolar e rachando coa tradición histórica non acudir a ningún centro educativo”.

Tamén lembrou que “fai poucos días o Presidente da Xunta tampouco asistiu á inauguración do curso universitario”. “Estes simbólicos feitos indican o menosprezo que teñen pola ensinanza pública galega, a cal están a empobrecer pechando no último ano 112 unidades educativas, deixando así a moitas localidades sen ningunha alternativa de escolarización”, aseverou o candidato socialista.

Méndez Romeu salientou que “ante estes feitos lamentables, os socialistas estamos hoxe aquí para testemuñar ás asociacións de pais e nais do ámbito rural o apoio e o compromiso do PSdeG cun ensino de calidade, laico, gratuíto, respectuoso cos valores da igualdades, e dende logo, cun ensino que non discrimine ás familias por vivir no rural”.

Na mesma liña, afirmou que “os socialistas sempre estivemos a favor dunha ensinanza pública e de calidade, e polo tanto, garantimos que cando gobernemos racharemos totalmente con esta política de minoración do gasto educativo, con esta política de redución do número de docentes, e sobre todo con esta política de peche de escolas rurais”.

Méndez Romeu lamentou que “o Goberno galego non só non aposta pola educación dos mozos galegos, senón que trata de desmantelala”. Deste xeito o candidato socialista lembrou que  “o goberno de Feijoo suprimiu en tres anos 2500 postos de docentes mentres reduce e empeora considerablemente as súas condicións de traballo, tanto nas aulas como nas súas retribucións contributivas”.

Por último, denunciou tamén que “3000 menores este ano non terán praza nas escolas infantís, as cales están sometidas a unha situación moi precaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar