Méndez Romeu: "O conselleiro de Economía converteu ao Igape nunha finca privada para o reparto discrecional de fondos públicos"

Méndez Romeu: "O conselleiro de Economía converteu ao Igape nunha finca privada para o reparto discrecional de fondos públicos"

Méndez Romeu: "O conselleiro de Economía converteu ao Igape nunha finca privada para o reparto discrecional de fondos públicos"

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao conselleiro de Economía de facer do Igape “unha finca privada para o reparto discrecional de fondos públicos”. Así o dixo nunha Interpelación sobre a concesión de 7 millóns de euros ás empresas da dona dun alto cargo do organismo, tamén imputado na Operación Campeón.

O responsable socialista sinala que “logo de meses de negativas, evasivas, renuncia a informar diante do Parlamento, malos modos do conselleiro diante de calquera pregunta, agora as evidencias son abrumadoras” sobre este “lamentable episodio de corrupción”. Sinalou que “o titular da Consellería non pode alegar descoñecemento cando dende o mes de maio tivo todos os poderes” ao asumir as funcións de director xeral do ente.

Reclamou ao titular de Economía que explique “qué responsabilidades políticas vai asumir diante deste episodio de corrupción”, dende cándo coñece o caso e qué investigacións internas ordenou cando dous directivos do organismo foron detidos por presunta corrupción no pasado mes de maio. Tamén esixe unha explicación polo “trato excepcional” ás empresas implicadas en prexuízo do resto do tecido económico galego.

Méndez Romeu lembra que o Executivo dirixido por Feijóo acumula en só dous anos e medio e “sen indicios de sufrir empacho nin preocupación algunha” a un total de trece altos cargos imputados xudicialmente. Esta escalada de corrupción culminou, dixo, cos sete millóns de euros concedidos “graciosamente” a Procesoil, S.L., Valoración de Residuos Galegos S.L., Galimed Trata S.L. e Vórtice Estudios S.L.

Lembra que estas presuntas irregularidades foron coñecidas no marco da Operación Campeón, que revela subvencións de sete millóns de euros nas que participaba, “por si ou pola súa cónxuxe”, o antigo director xeral do Igape imputado nesta operación xudicial. Sinala que estas empresas recibiron as axudas “apenas unha semana logo da súa constitución, en contraste cos meses que tardan en ser atendidas entidade solventes.

Subliñou que “o propio conselleiro, tamén presidente do Igape, tamén director xeral do organismo, recibiu á afortunada empresaria e quedou gratamente impresionado cos seus proxectos autorizando unha tramitación exprés e mesmo visitou unha das instalacións subvencionadas”.

Ineficacia

O responsable socialista lamentou a xestión “errática” do Igape, “lastrado pola ineficacia e o clientelismo” cando “dun orzamento de 136 millóns de euros só destina 44 ás empresas galegas” entre os que se contan os 7 destas tres empresas. Lembrou que o organismo “destina 31 millóns de euros só a gastos de funcionamento”, entre os que se contan un custe por traballador un 33 por cento superior ao do resto da administración.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo conta actualmente con 138 traballadores, dos que 19 son directivos, ademais de outros 66 técnicos superiores “que parecen ser insuficientes para elaborar algún dos informes que son dilixentemente externalizados”.

Sinala que esta situación “agrávase notablemente” ao comprobar que o 75 por cento do total destas axudas corresponde a partidas inferiores a 6.000 euros incluíndo subvencións de 112 ou 67 euros para financiamento do circulante “de dubidosa eficacia no impulso do tecido económico e a creación de emprego”, por canto Galicia perdeu 40.000 empregos no sector industrial entre 2008 e 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar