Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que explique porque Rajoy quere impedir a rebaixa do IRPF que anunciou no último debate do estado da autonomía

Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que explique porque Rajoy quere impedir a rebaixa do IRPF que anunciou no último debate do estado da autonomía

Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que explique porque Rajoy quere impedir a rebaixa do IRPF que anunciou no último debate do estado da autonomía

O DOG publica hoxe a constitución dun Grupo de Traballo previo á presentación dun recurso diante do Tribunal Constitucional contra esta medida por parte do goberno central

Méndez RomeuwebO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que explique de maneira “clara e contundente” os motivos polos que anunciou unha rebaixa do 0,5 por cento no IRPF para as rendas inferiores a 17.707 euros en contra do criterio do goberno central.

Méndez Romeu advirte que o DOG de hoxe anuncia a constitución dun Grupo de traballo dentro da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado – Comunidade Autónoma de Galicia como paso previo á imposición dun recurso de inconstitucionalidade contra esta decisión por parte do goberno central.

O responsable socialista sinala que a medida estrela de Feijóo no último debate do Estado da Autonomía “ven de ser cuestionada categoricamente por parte de Rajoy”, polo que, engade, “o presidente galego debe explicar porque o goberno central quere impedir a rebaixa do IRPF e, sobre todo, porque anunciou en contra do criterio do goberno.

Os socialistas galegos presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique este “varapau” que lle está a asestar o goberno central á administración de Feijóo. Quere que o presidente da Xunta explique “por qué non ofreceu ningunha información sobre o desacordo co Goberno central”, evidenciando que para Rajoy Galicia non é competente para modificar o tipo impositivo.

Nunha interpelación parlamentaria, preguntan si este é o sentido do anunciado recurso de inconstitucionalidade, así como as consecuencias que pode provocar este conflito e si a Xunta “realizou algún contacto previo ou foi informada ao respecto polo Goberno central”.

Méndez Romeu sinala que a medida, anunciada por Feijóo no pasado mes de outubro, beneficiaría, sempre de acordo coa Xunta, a un total de 487.000 contribuíntes galegos, que agora “sitúanse de novo fronte a unha mentira mais do presidente da Xunta, que non dubida en xogar coas difíciles circunstancias económicas que están a pasar os galegos e galegas para facer anuncios que se dilúen como a néboa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar