Méndez Romeu esixen á Xunta “cooperación coas entidades locais abandonando a discrecionalidade”

Méndez Romeu esixen á Xunta “cooperación coas entidades locais abandonando a discrecionalidade”

Méndez Romeu esixen á Xunta “cooperación coas entidades locais abandonando a discrecionalidade”


O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiu hoxe á Xunta que “abandone a visión da vida local como unha prolongación da vida política e instaure o principio de cooperación”. No debate dunha Interpelación no Pleno do Parlamento criticou a discrecionalidade na política local da Xunta, que repartiu o 88 por cento das axudas aprobadas en xullo entre concellos do PP.

O responsable socialista dixo que a política de subvencións da Xunta demóstrase “desfasada, permite discrecionalidade e clientelismo, non arranxa os problemas e é cuestionada por tódolos concellos”. Criticou a “asfixia financeira” á que o goberno galego somete a estas entidades dende a chegada de Feijóo á Xunta, reducindo notablemente o Fondo de Cooperación Local.

Os recortes supoñen unha redución no 11 por cento do gasto destinado á administración local, mentres as transferencias pola participación nos ingresos autonómicos diminuíron nun 9 por cento. Lembrou tamén as reiteradas denuncias dos concellos polos recortes e retrasos no Plan Concertado de servizos sociais, mentres o goberno de Feijóo “minora as transferencias condicionadas ata niveis pouco eficientes”.

Sinalou que nos orzamentos de 2012 as partidas para escolas e conservatorios suman 350.000 euros, unha media de 4.000 euros por demandante, o que “non da nin para a nómina dun só traballador”.

Méndez Romeu continuou explicando que as actividades destinadas á xuventude recibirán 500.000 euros, unha media de 3.000 por subvención, a mesma contía que recibirá cada actuación de protección do patrimonio, que pola alta demanda suma 988.000 euros en total. Mentres, as actividades educativas complementarias suporán unha media de 500 euros por concello.

Construción de consensos

Reclamou así ao goberno galego que traballe pola “construción de consensos sociais e políticos no plano local” que abranga asuntos como a tributación local ou a mellora do deseño da saúde, o ensino, o emprego ou os servizos sociais. Instou á Xunta a que estea á altura das demandas dos concellos, que “veñen de poñer sobre a mesa a súa vontade suprapartidaria de avanzar no Pacto polo Territorio, o Plano de Transporte”.

Aludiu así á xuntanza da Federación Galega de Municipios e Provincias do próximo sábado, que aprobará estas propostas unánimes, xunto coa petición dun Fondo de Compensación para os concellos con máis dificultades financeiras e a prestación de servizos, a supresión paulatina de transferencias finalistas para que integren o Fondo de Cooperación Local ou aumentar a participación nos ingresos autonómicos.

Apuntou que as propostas de tódolos grupos presentes do municipalismo galego coinciden na proposta para modificar o Fondo de Compensación medioambiental derivado do canon eólico coa participación dos concellos. Salientou a necesidade de que o Pacto polo Territorio evite a xudicialización do urbanismo galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar