Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que acepte a petición de dimisión presentada pola conselleira de Sanidade polo seu “escandaloso caso de nepotismo”

Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que acepte a petición de dimisión presentada pola conselleira de Sanidade polo seu “escandaloso caso de nepotismo”

Méndez Romeu esíxelle a Feijóo que acepte a petición de dimisión presentada pola conselleira de Sanidade polo seu “escandaloso caso de nepotismo”

Méndez Romeu cualifica a Rocío Mosquera de “cabalo de Troia dos intereses do sector privado para destruír a sanidade pública”

O portavoz do Grupo Socialista José Luis Méndez Romeu, esixiulle ao presidente da Xunta que “respecte aos profesionais aceptando a petición de dimisión que lle ten presentado a conselleira de Sanidade” logo do “escandaloso caso de nepotismo” condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Méndez Romeu empregou a sesión de control ao presidente para levar ao Parlamento a actuación da conselleira de Sanidade denunciada polos profesionais da sanidade pública “entre outros casos de marxinación”. Aludiu á condena do TSXG, que advertiu “desvío de poder” no nomeamento do marido da conselleira como xefe de Cirurxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O responsable socialista criticou a actuación da conselleira, que “está sendo cabalo de Troia dos intereses do sector privado para destruír á sanidade pública” seguindo o guión dun PP para o que “o modelo de universalidade e gratuidade non era do seu agrado” dende 1986, cando votaron en contra do sistema público de saúde.

Acusou ao PP de desenvolver unha política dirixida a “deteriorar os servizos públicos, privatizar todo o que se pode e desmantelar os servizos públicos”. Así o evidencia, dixo, que o gasto social diminuíra un 8 por cento o seu peso nos orzamentos da Xunta nos últimos cinco anos, o que se traduce en “centos de profesionais menos, o empeoramento das condicións de traballo e polo tanto o deterioro da atención aos doentes.

A última decisión, dixo, é impoñer as áreas de xestión clínica, destrozando a organización dos hospitais “en beneficio de núcleos de interese”, alterando as relacións laborais dos traballadores, introducindo mecanismos de mercado e prexudicando aos cidadáns do sur, onde “como non gobernan castigan aos electores”. O PP, dixo, divide a atención entre os doentes usuarios do servizo público e os que poidan pagar seguros privados.

Mercadorías

Méndez Romeu criticou que Feijóo provoca unha “catástrofe” na atención sanitaria porque “fronte á universalidade defenden o particularismo, nin todos iguais nin atención igual para todos”. O camiño do PP, dixo,pasa por impoñer un modelo de mercado “onde a saúde e a protección sanitaria son mercadorías ao alcance de quen o paga”.

Sinalou que mercantilizan este servizo público “igual que mercantilizan o aborto: para unhas Portugal ou Londres, para outras resignación e clandestinidade”. Así, a maioría dos doentes terán que asumir un sistema público con servizos “devaluados, con menos recursos e con limitacións de todo tipo, xeográficas, económicas, de persoal ou materiais”.

Reclamoulle ao goberno galego que atenda ás protestas dos profesionais e usuarios da sanidade pública, en contra das “decisións arbitrarias e discriminatorias, ademais de interesadas”, do goberno galego.

Lembrou que a privatización xa fora encetada hai 20 anos por Feijóo como responsable do Sergas, Romay Beccaría como conselleiro e Fraca como presidente cando impulsaron as fundacións sanitarias, que “fracasaron totalmente e tiveron que ser rescatadas” da quebra polo goberno socialista de Pérez Touriño, que tivo que rescatar a mais de 800 profesionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar