Méndez Romeu esixe explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a situación da empresa eólica Emesa

Méndez Romeu esixe explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a situación da empresa eólica Emesa

Méndez Romeu esixe explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a situación da empresa eólica Emesa

 

O deputado coruñés do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Luís Méndez Romeu rexistrou unha batería de  iniciativas na Cámara Autonómica na que reclama explicacións sobre a situación da empresa Emesa, do Grupo Isolux.

O parlamentario socialista explica, na iniciativa rexistrada, que a empresa EMESA, con factoría en Coirós, fundada no ano 1958 forma parte actualmente do Grupo ISOLUX. Ocupa instalacións de 26.000 metros cadrados dedicados a estructuras, caldereiría e pintura, destinados a todo tipo de obra civil, pública ou privada. Así deseña e constrúe naves industriais, edificios, pasarelas, plataformas, tanques, canalizacións e mesmo pezas para a industria eólica.

Subliña que no que se refire ao ámbito eólico, EMESA é unha das empresas de referencia, chegando a ter unha cota do 40% do sector nacional, na fabricación de fustes de aeroxeneradores, chasis para turbinas e alargadores de pás, entre outros elementos.

O deputado argumenta que as instalacións de Coirós chegaron a ter, no momento de máxima ocupación, 360 postos de traballo directos e 450 indirectos, ademais da carga de traballo de 20 talleres externos para determinados procesos de producción. Pero advirte que “hoxe en día a factoría conta con 152 traballadores, deles 140 directamente na producción. O pasado mes de marzo, a medio dun Expediente de Regulación de Emprego, 86 traballadores deixaron a factoría, e que agora está a piques de rematar un novo ERE.

Méndez Romeu sinala que as causas desa situación son distintas. Replica que “dunha banda a retracción da economía internacional minora a carga de traballo en caldereiría pesada, onde a factoría é moi competitiva no mercado exterior”. E por outra parte “a empresa non foi adxudicataria no último concurso de parques eólicos”. E crítica a parálise do desenvolvemento eólico en Galicia que impide a contratación de obra na área de infraestructura eólica da empresa.

Así as cousas o parlamentario socialista empraza ao Goberno de Feijoo a que actúe en dous sentidos: axudando á actividade comercializadora da empresa no exterior, na procura de carga de traballo, a medio da rede do Igape e doutras ferramentas, e facilitando a contratación de carga de traballo no sector eólico en Galicia, superando a actual parálise.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar