Méndez Romeu esixe á Xunta que explique a súa “indiferenza” diante da importación de “millóns de toneladas de produto contaminante” derivado do petróleo por parte de Manmer

Méndez Romeu esixe á Xunta que explique a súa “indiferenza” diante da importación de “millóns de toneladas de produto contaminante” derivado do petróleo por parte de Manmer

Méndez Romeu esixe á Xunta que explique a súa “indiferenza” diante da importación de “millóns de toneladas de produto contaminante” derivado do petróleo por parte de Manmer

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, esixiu á Xunta que explique a súa “indiferenza” diante da importación de “millóns de toneladas de produto contaminante” derivado do petróleo por parte da empresa Manmer para o seu uso na construción.

O responsable socialista presentou unha Proposición non de Lei na Comisión de Industria para que a Xunta cumpra coa Lei de Minería e a Lei de Industria e poña en marcha a súa actividade inspectora e os controis requiridos para evitar estas situacións. O PP rexeitou esta proposta socialista que propuña a posta en marcha do Plano Sectorial da Minería de Galicia.

Méndez romeu sinalou que a actividade inspectora do goberno galego “simplemente non funciona” como puxo de manifesto a Operación Arena. Sinalou que a Lei galega permanece paralizada dende a chegada de Feijóo á Xunta, e “hoxe estamos diante de circunstancias que falan da laxitude nos controis e pola falla de interese do goberno galego no desenvolvemento desta norma.

Advertiu que “de non mediar unha investigación por un presunto delito de tráfico de influenzas que afecta a un deputado do PP non estarían en absoluto preocupados pola actuación irregular e presuntamente atentatoria contra a saúde pública”. Lembrou que esta situación foi denunciada polos interesados dende hai dous anos “sen que tivera consecuencias” ata o desenvolvemento da Operación Arena.

O parlamentario socialista preguntou si o Goberno galego asumirá a responsabilidade civil subsidiaria para substituír os áridos contaminantes por conta propia, co que “os cidadáns pagarán polo incumprimento dos controis medioambientais” ou si porá en marcha a inspección mineira, as medidas de seguridade industrial e fará repercutir os custes sobre a empresa.

Lamentou o rexeitamento do PP a esta iniciativa para poñer en marcha o Plano Sectorial da minería e aplicar as medidas de control, que “non tapará a falla de acción da Xunta evidenciada na Operación Arena, pero si poñerá coto a actos delitivos como este no futuro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar