Méndez Romeu dimite como portavoz do Grupo Parlamentario

Méndez Romeu dimite como portavoz do Grupo Parlamentario

Méndez Romeu dimite como portavoz do Grupo Parlamentario

José Luis Méndez Romeu anunciou hoxe a súa dimisión como portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, logo do proceso de eleccións primarias que rematou o pasado sábado coa elección de Xoaquín Fernández Leiceaga como candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.

Explicou que, tal e como lle comunicou á dirección do partido, exercerá o cargo en funcións ata a designación dun novo portavoz, unha decisión que considera “conveniente” adoptar antes do próximo luns.

Méndez Romeu fixo pública esta decisión nunha rolda de prensa logo de térllelo comunicado por carta ao propio candidato, á presidenta da Comisión Xestora do PSdeG, Pilar Cancela, aos deputados e deputadas do Grupo Socialista, ao presidente da Xunta e ao presidente do Parlamento de Galicia.

O responsable socialista fixo este anuncio agradecendo o depósito de confianza depositado en el por parte da Executiva do PSdeG primeiro e da Comisión Xestora despois para desempregar este cargo durante esta Lexislatura. Sinalou tamén que tanto o candidato como a propia Cancela ofrecéronlle a súa continuidade en público e en privado.

Méndez Romeu sinalou sen embargo que “a mellor solución para os próximos meses é que sexa designada unha nova persoa como portavoz” para prever un “escenario especialmente incómodo que cumpre evitar” durante os próximos 3 meses de actividade parlamentaria.

O deputado socialista quere fuxir así de “contradicións, puntos de vista diferentes e matices que irían contra a unidade de discurso e poderían provocar confusión nos afiliados e os electores” logo dun proceso de eleccións primarias no que confrontou en persoa co actual candidato socialista.

Weber

Méndez Romeu rematou a súa despedida citando a Max Weber, que sinalou que “a política debe estar presidida pola ética da responsabilidade”, e que, explicou, “supón que os actos teñen consecuencias e as consecuencias hai que asumilas”, e entendeu que o resultado das eleccións primarias supoñen que “a maioría da organización non respalda as labores deste portavoz parlamentario”.

Finalizou agradecendo o traballo do Grupo Parlamentario, así como a “cohesión e lealdade” que ten demostrado durante esta etapa.

jacobo

Deixar a resposta

Pechar