Méndez Romeu di que Feijoo non ten prioridades sobre as necesidades de financiamento coa Unión Europea

Méndez Romeu di que Feijoo non ten prioridades sobre as necesidades de financiamento coa Unión Europea

Méndez Romeu di que Feijoo non ten prioridades sobre as necesidades de financiamento coa Unión Europea

O Portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 1ª do Parlamento para denunciar que o Goberno de Feijoo non ten prioridades coa en relación coa Unión Europea, e asegura “que non quere telas, que non hai vontade de ter unha idea definida sobre as necesidades de financiamento de Europa”. Dixo que para a Xunta “Europa esta en Bruxelas, e si pode ser, previa confrontación co Goberno de España”, espetou.

O parlamentario socialista fixo estas afirmacións logo da comparecencia do Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias na Comisión 1º do Parlamento, e advertiu que a mesma tiña que servir para falar de prioridades de financiamentos “phasing out” comunitario, “e non para falar dos fondos xa existentes”, aclarou. E resumiu “o Director Xeral veu a xustificar unha a súa derrota dos fondos europeos”, xa que asegura que o Goberno de Feijoo da por perdida un incrementos dos mesmos.

O portavoz de Industria lembrou que o pasado 8 de xuño o Parlamento Europeo aprobou unha resolución sobre o marco financieiro plurianual cun amplo consenso, debatida ao longo de 6 meses e que contou con 114 transaccións. Méndez Romeu sinala que neste texto propugnase a non aceptación da conxelación orzamentaria, e replica que este é un anunciou decisivo xa que asegura “que os fondos phasing out minoraranse drasticamente”. Por iso sinala que sobre este punto “terá que definirse o Goberno da Xunta de Galicia e o PP no Parlamento Europeo”.

Emenda do PSeG para chegar a un 14%

O portavoz de Industria asevera que o Partido Popular vai emendar este orzamento para incrementar os recursos nun 5%, pero anuncia que a emenda do PSdeG vai emendar para chegar ao 14%.

Sinala tamén que o Documento da UE cita outros asuntos como o I+D, e denuncia que Galicia esta retorcendo drasticamente os seus investimentos dende a chegada de Feijoo, e preguntou como se vai chegar ao obxectivo do 3% para o ano 2020, e afirma que nestes momentos estamos “en menos do 1%”. “Este é o camiño da Converxencia europea?”, proclamou.

Dixo que a UE fai unha alusión explícita á necesidade da estratexia europea para a rexión atlántica, e nese senso subliñou que “o Goberno de Feijoo parece que non ten as ideas claras”, e preguntou si o Goberno de Feijoo esta traballando na liña de buscar puntos en común coa esta eurorexion. E ironizou “parece que están mais preocupados coa eurorexión de Castela e León”.

Informe da UE sobre a crise

Sobre outro Informe da UE sobre a crise, e que será aprobado nas próximas datas, propóñense medidas como a creación dun tesouro europeo, e emisión de eurobonos e a coherencia entre os orzamentos comunitarios e estatais. Méndez preguntou cal vai ser a posición da nosa Comunidade sobre estes asuntos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar