Méndez Romeu denuncia que a contabilidade creativa de Feijoo “está producindo unha distorsión das contas e acabará producindo un colapso”

Méndez Romeu denuncia que a contabilidade creativa de Feijoo “está producindo unha distorsión das contas e acabará producindo un colapso”

Méndez Romeu denuncia que a contabilidade creativa de Feijoo “está producindo unha distorsión das contas e acabará producindo un colapso”

O viceportavoz e responsable de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu afirmou en rolda de prensa que “os datos económicos do Goberno de Feijoo non se corresponden coa realidade”, é dicir “o funcionamento da Xunta esta ofrecendo unha imaxe non fiable”, da verdadeira situación económica de Galicia. E advertiu que o Goberno do PP “aínda non dixo nada deste asunto, e isto é preocupante”.

O responsable socialista asi aludiu ao informe elaborado polo ex conselleiro de Economía con Fraga, Xosé Antón Orza, que evidencia que Feijóo “enganou nas contas de 2010 deixando no caixón 411 millóns de euros de déficit”.

O parlamentario socialista asegura ademais que hai persoas “implicadas”, que están ocupando actualmente cargos na administración, e polo de agora non teñen pensado dimitir”. E lembrou que a actual Secretaria de Estado de Orzamentos era conselleira do Goberno de Feijoo. E di que Feijoo “fuxe de dar calquera explicación sensata”, sobre este asunto.

Méndez Romeu asegura que o PSdeG-PSOE denunciou no Parlamento en reiteradas ocasións “as contas do ano 2010, 2011 e no 2012 que xa intuíamos”. Xa que explica que as propias empresas “trasladáronnos en moitas ocasións que non se admitan as súas facturas”. E insistiu “e sabemos que isto pasando no momento actual”.

Dixo que os últimos informes do Ministerio de Facenda sobre execución orzamentaria “incrementan a alarma”. Xa que sinala que no ultimo trimestre do ano 2012 “Galicia ten un déficit que duplica o total das comunidades autónomas”. Explica que “en Galicia o déficit é do 1.1% do PIB, fronte ao 0.55% do PIB para o total das CCAA”. E advertiu que “de aquí a fin de ano este déficit pode dispararse ata cifras moi superiores”.

Sinala que a nosa Comunidade presenta o maior incremento de gasto “cun diferencial de 10 puntos, respecto da media das CCAA”. Dixo que esa contabilidade creativa que despraza gastos para o exercicio seguinte “está producindo unha distorsión das contas e acabará producindo un colapso”. Replica ademais que esta situación “era coñecida pola administración, que adoptou unha posición de falsidade e ocultación das contas publicas”.

Feijoo dimisión

Así as cousas asevera que con feitos así en calquera outro pais un responsable publico “e o propio Núñez Feijoo estaría condenado a presentar a súa dimisión e o mesmo as consellerías afectadas”.

Subliña ademais que no citado Informe reflíctese “que dende o momento que Feijoo chega ao Goberno da Xunta inícianse os recortes no gasto social na nosa comunidade”. Por iso hoxe vemos recortes en educación en 112 millóns de euros, en sanidade 172 millóns de euros, en acción e promoción social 84 millóns de euros, respeto ao ano 2009. O que supón “370 millóns de euros menos en 3 anos".

Afirma que Galicia foi o laboratorio do PP “e podemos pensar que as contas de Rajoy van a seguir o camiño de recortes como estamos comprobando”.

Manifestacións

Por ultimo aludiu a “fracción social”, provocada “pola inacción do Goberno de Feijoo”. Asevera que cada dia hai ducias de manifestacións “en Galicia este mes haberá mais de 100”, algo que indica o malestar da sociedade, pero advirte que o único que se lle ocorre facer ao PP “é dicir que van a cambiar o dereito de manifestación”.

E resumiu “un mal goberno so se cambia a través do voto”, por iso demandamos o apoio a candidatura socialista “para cambiar o rumbo de Galicia e dos galegos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar