Méndez Romeu denuncia “indiferenza e menosprezo” por parte da Xunta cara aos servizos públicos

Méndez Romeu denuncia “indiferenza e menosprezo” por parte da Xunta cara aos servizos públicos

Méndez Romeu denuncia “indiferenza e menosprezo” por parte da Xunta cara aos servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista traslada o apoio dos socialistas galegos aos traballadores reunidos hoxe fronte ao Parlamento en defensa dos servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe a “indiferenza e menosprezo” demostradas polo goberno galego diante das necesidades dos servizos públicos de Galicia. Así o dixo Méndez Romeu durante a concentración en defensa dos servizos públicos, convocada hoxe fronte ao Parlamento de Galicia.

Méndez Romeu salientou as 8.000 sinaturas presentadas polos traballadores reclamando rectificar a política de emprego público do goberno galego, que resulta “absolutamente lesiva para a prestación de servizos que necesitan os cidadáns”.

O responsable socialista participou desta protesta á porta da Cámara autonómica xunto coa portavoz da área institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, con quen trasladou o apoio do PSdeG-PSOE aos traballadores dos servizos públicos.

Criticou que a resposta do PP nos orzamentos que foron aprobados hoxe sexa precisamente “rexeitar calquera tipo de modificación e afondar no recorte do ensino, a sanidade, os servizos sociais e, en xeral, todos aqueles prestados por empregados públicos, que garanten equidade na prestación, igualdade de tódolos cidadáns e non discriminación”.

Advertiu que o PP non ten aprobado “nin unha soa” das mais de 700 emendas presentadas polos socialistas galegos aos orzamentos do próximo ano, polo que “imos continuar trasladando as demandas dos empregados públicos nos debates” que se celebren na Cámara autonómica. Advertiu que “continuaremos defendendo o Estado do Benestar avanzado que demandan os cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar