Méndez Romeu denuncia "discriminación" da Xunta para favorecer ao fillo dun alto cargo no ensino público

Méndez Romeu denuncia "discriminación" da Xunta para favorecer ao fillo dun alto cargo no ensino público

Méndez Romeu denuncia "discriminación" da Xunta para favorecer ao fillo dun alto cargo no ensino público

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu ven de denunciar a “discriminación no acceso a un servizo público de carácter universal” por parte da Consellería de Educación para favorecer ao fillo dun alto cargo do Goberno galego. Así o dixo logo de constatar a creación dunha praza de comedor do Colexio de A Rabadeira, en Oleiros, para incluír exclusivamente a este alumno.

Méndez Romeu acusa ao goberno galego de “politizar a decisión” para favorecer exclusivamente a un alto cargo “que non cumpría cos requisitos fixados, tal e como fora valorado polo órgano competente, que é o Consello Escolar”, fronte a outros 31 alumnos tamén afectados. Esta decisión finalizou coa dimisión en bloque do Consello Escolar do centro o pasado luns.

O parlamentario coruñés criticou o “desprezo polos procedementos democráticos” amosado polo goberno galego para forzar unha decisión sobre a admisión ao servizo de comedor que é competencia do Consello Escolar.

Lamenta que a Consellería se amose “extremadamente solícita para atender aos altos cargos” do Goberno galego mentres “elude considerar como razoable calquera outra decisión, como é establecer unha dobre quenda neste servizo e a admisión de tódolos alumnos afectados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar