Méndez Romeu denuncia a actitude da Xunta "lesiva para os intereses da economía galega e destrutiva para o sector eólico"

Méndez Romeu denuncia a actitude da Xunta "lesiva para os intereses da economía galega e destrutiva para o sector eólico"

Méndez Romeu denuncia a actitude da Xunta "lesiva para os intereses da economía galega e destrutiva para o sector eólico"

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu que a actuación da Xunta resulta “lesiva para os intereses da economía galega” e “destrutiva para o sector eólico”. Presentou unha serie de iniciativas nas que insta á Xunta que interpoña un recurso diante do Tribunal Supremo contra o decreto eólico do goberno.

Méndez Romeu apuntou que 2011 é o primeiro ano en que Galicia non asigna nin un só megavatio de enerxía eólica –nin sequera os xa comprometidos-, o que se suma a que o Índice de Produción Industrial desta autonomía caeu catro veces mais que no Estado. Isto demostra que “o balance de 1.000 días de goberno de Feijóo é un sector destruído e o conxunto de medidas de impulso da política industrial galega paralizadas”.

Esixiu así ao titular de Economía e Industria que retome a súa “axilidade” amosada á hora de presentar un recurso –“que se demostrou totalmente errado”- contra o decreto do carbón e recorra o decreto diante do Tribunal Supremo instándoo á súa suspensión cautelar.

O responsable socialista criticou que a suspensión do concurso eólico aprobado na pasada lexislatura provocou o reinicio do proceso “de cero”, ao que se suma agora o decreto 1/2012 de 1 de xaneiro polo que o Goberno central suprime as primas ás instalacións de enerxías renovables, pecha o procedemento de reasignación, impedindo as novas instalacións.

Méndez Romeu advirte que esta medida “contradí a liña argumental da Consellería de Industria” durante toda esta lexislatura. A conclusión é non se creará ningún dos 14.000 empregos prometidos, ademais de perder 2.350 novos megavatios, así como os 38 proxectos de outras tantas adxudicatarias, 3.500 millóns de euros de investimento e os proxectos industriais asociados que supuñan outros 3.000 millóns de investimento.

Ademais, engadiu, póñense en perigo 75 millóns de euros de ingresos polo imposto medioambiental e os propietarios dos terreos deixarán de percibir 13 millóns de euros polo alugamento dos parques. Mentres, sinala, a consellería de Industria “improvisa” e executa unha “ofensiva de declaracións verborreicas do conselleiro que contrastan co silencio absoluto do Ministerio de Industria”.

Xunta desinformada

Esta situación evidencia que a consellería “non foi informada previamente e tampouco consensuou co sector posibles medidas para paliar un desastre absoluto” nunha Consellería que “fracasou en todo o que intentou nesta lexislatura”. Reclamou unha solución rápida e estable que modifique o marco regulatorio e ofreza seguridade xurídica para establecer un horizonte de financiamento e eficiencia para os investimentos.

Méndez Romeu reclamou ao goberno galego “que aclare a súa posición” fronte a un Goberno que está “aplicando directamente as propostas elaboradas pola FAES aplicando medidas que incidirán directamente sobre os consumidores, como é a aplicación de novos impostos sobre os carburantes”. Dixo que “ou o goberno galego non se entera da política do goberno central ou este menospreza e non da importancia á Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar