Méndez Romeu demanda ao PPdeG “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia

Méndez Romeu demanda ao PPdeG “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia

Méndez Romeu demanda ao PPdeG “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia

Méndez Romeu pide que non haxa “limitacións” na experiencia, idade e especialidade dos membros do órgano asesor

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, demandou hoxe ao PPdeG “consenso” na reforma do Consello Consultivo de Galicia, ademais de solicitar que non haxa “limitacións” no relativo á experiencia, idade e especialidade dos membros do órgano asesor.

Méndez Romeu lembrou, durante o debate no pleno do Parlamento de Galicia dunha proposición de lei do PPdeG para a reforma do organismo, que a anterior modificación do Consello Consultivo “materializouse co consenso da Cámara”. Os socialistas abstivéronse na votación, á espera do período de tramitación parlamentaria.

Na súa exposición, o portavoz do PSdeG mostrou a súa inquedanza polo feito de que a proposta de reforma saia do PPdeG e non da Xunta, o que pode evitar os informes preceptivos. “Estamos dacordo en que pode ser necesaria unha actualización da norma, pero non compartiremos unha limitacións das funcións ou dos perfís dos membros electivos do Consello Consultivo”, afirmou Méndez Romeu.

O Consello Consultivo de Galicia é un órgano de carácter técnico e xurídico, que ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas. A instancia da Xunta ou das corporacións locais, elabora ditames na fase do procedemento inmediatamente anterior á toma de decisión por parte destas.

Méndez Romeu lamentou que os concellos ou as universidades poidan acudir ao Consello Consultivo e que non o poda facer o Parlamento de Galicia. “Non entendemos que sentido ten que esta Cámara elixa a tres membros do Consello se logo non pode pedir informes”, manifestou. Durante a tramitación parlamentaria da proposición de lei, os socialistas galegas se oporán a calquera limitación da liberdade de cátedra ou expresión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar