Méndez Romeu cualifica de “inmoral” a suba do canon de Sogama “co único obxectivo de facer caixa”

Méndez Romeu cualifica de “inmoral” a suba do canon de Sogama “co único obxectivo de facer caixa”

Méndez Romeu cualifica de “inmoral” a suba do canon de Sogama “co único obxectivo de facer caixa”

José Luis Méndez Romeu advirte “fraude de Lei” que a entidade faga que os concellos paguen o mesmo por tonelada “sexa ou non incinerado”

Reclama un novo plan de residuos sostible en colaboración cos concellos e prescindindo de Fenosa

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe de “absolutamente inmoral” a suba do canon de Sogama no recibo das familias en 16 millóns de euros “co único obxectivo de facer caixa”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, na que reclamou un novo plan de residuos sostible en colaboración cos concellos e prescindindo de Fenosa.

O responsable socialista lembrou que tódolos concellos de Galicia están a protestar pola suba de taxas, que consideran “desorbitada e inxustificada”, e que suporá 10 euros para cada familia. Denunciou que esta suba é “consecuencia da reforma enerxética de Rajoy, que liquidou a industria eólica galega, impide o desenvolvemento de novas fontes de enerxías renovables e fai inviable a produción para autoconsumo”.

Nun debate ao que asistiron varios alcaldes socialistas, dixo que mentres Sogama perde 6 millóns de euros de primas á produción eléctrica, consecuencia de dita reforma, a resposta é subir o recibo en 16 millóns de euros “para gañar 10 millóns de euros de beneficio antes de impostos”.

Méndez Romeu denunciou ademais que o goberno galego fai que sexan os concellos os que apliquen a taxa aos cidadáns, actuando de “meros cobradores da Xunta e de Sogama” sen participar na xestión de residuos logo de terlles reducido o financiamento un 12 por cento en só 5 anos.

Fraude de Lei

Engadiu que Sogama “despreza a recollida selectiva levada adiante polos concellos”, xa que “queima todo indistintamente” salvo as 300.000 toneladas que destina ao vertedoiro. O portavoz socialista advertiu “fraude de Lei” na decisión de cobrarlle o mesmo canon por tonelada “sexa ou non incinerado” cando o custe pola incineración duplica a almacenaxe en vertedoiro.

Méndez Romeu explicou que actualmente Sogama incinera dúas terceiras partes dos residuos, almacena o 30 por cento e fai tratamento de tan só o cinco por cento, mentres a UE “multiplica por sete a cifra galega de compostaxe e reciclaxe”. Sinalou que en Galicia “incineramos sete veces mais que a media do Estado e reciclamos cinco veces menos, incineramos mais que en ningún lugar e reciclamos menos que en ningún lugar”.

Reclamou así un novo Plan de residuos sostible medioambientalmente que incremente a recuperación, implante a compostaxe en colaboración cos concellos e prescinda de Fenosa.

Recorte de dereitos

O portavoz socialista sinalou que o goberno de Feijóo está a aplicar “recortes continuados de dereitos e prestacións e un incremento desproporcionado das taxas e impostos” elevando a presión fiscal “a niveis históricos sen mellorar os servizos públicos”.

Lamentou así que os orzamentos do ano 2014 evidencian que “non está preocupado polo desemprego, a política de crecemento económico non é unha prioridade e permanece indiferente fronte á privatización de NGB e a desaparición da entidade galega”.

Advertiu que Feijóo “descoñece o seu propio orzamento”, falando de crecemento económico cando a realidade é que o plan de crecemento económico para 2013 foi executado só nun 40 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar