Méndez Romeu critica o fracaso da xestión da política industrial da Xunta

Méndez Romeu critica o fracaso da xestión da política industrial da Xunta

Méndez Romeu critica o fracaso da xestión da política industrial da Xunta

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o “fracaso” da xestión da política industrial da Xunta “na que nada ten funcionado”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para a posta en marcha dunha estratexia de actuación para “comezar a facer algo concreto para recuperar postos de traballo, expectativas de futuro e confianza empresarial”, que foi rexeitada polo PP.

Os socialistas instaban ao Goberno galego a presentar en tres meses unha estratexia de actuación a medio prazo centrada nos oito principais sectores produtivos de Galicia, ademais de revisar as liñas de actuación do Igape “priorizando os sectores produtivos”. Así mesmo, propuxo o impulso de cada sector coa actuación do Goberno nos ámbitos financeiro, de I+D+i, internacionalización e formación.

Dixo que esta proposta demostra que “é posible facer mais cos mesmos recursos e deseñar unha política semellante á desenvolvida polas autonomías mais avanzadas do tecido industrial español”.

Méndez Romeu acusou hoxe á Xunta de “deixar o tecido industrial convertido nun ermo” cunha política industrial que “demostrou o seu fracaso na creación de novas empresas” e no impulso da economía galega. Dixo que os orzamentos da Xunta para 2012 “inciden nas políticas fracasadas durante 30 meses sen estratexias para ningún sector”, aproban unha Lei de Política Industrial sen concrecións e o Igape “con liñas de actuacións dispersas”.

Así, advertiu que as liñas de actuación do Igape constitúen “unha sucesión de ocorrencias pouco ou nada estudadas” evidenciando “a ausencia de liñas estratéxicas, a multiplicación de pequenas axudas, cun 75 por cento por debaixo dos 5.000 euros, e o abandono da internacionalización”.

Advertiu que o Igape “externaliza a internacionalización” cedéndollela á CEG e renunciando ás oficinas no exterior. Esta política vai en contra das autonomías mais avanzadas, xa que, explicou, o País Vasco mantén 50 delegacións -34 concertadas con consultoras especializadas- e Cataluña ten 34 oficinas directas que abranguen un total de 70 países con profesionais formados na propia Comunidade Autónoma.

Lamentou que esta falla de liñas estratéxicas coincida coa “falla de control interno e rigor no outorgamento de subvencións”, que foron concedidas na súa meirande parte “con ausencia de criterios profesionais e unha lixeireza frívola na emisión de informes para asumir riscos”.

Orzamentos

Criticou tamén que os orzamentos da Xunta aprobados onte no Parlamento de Galicia “menosprezando as iniciativas aportadas pola oposición” ao non aceptar “ningunha emenda, nin global nin parcial” e demostrando que “inciden nas políticas que se demostraron fracasadas durante os seus 30 meses de goberno”.

Ademais, lembrou que a Lei de Política Industrial de Galicia supón un documento “sen concrecións, que plantexa un Plan Director orfo de previsións orzamentarias e non contempla nin sequera as necesidades de I+D, reindustrialización, calidade, formación ou competitividade de Galicia.

O responsable socialista dixo que a mostra da estratexia seguida polo PP pola economía resúmese nun novo goberno que é “saudado pola prensa internacional de prestixio, como Le Monde, que salienta a presenza dun antigo dirixente de Lehman Brothers á fronte da carteira de economía do executivo de Mariano Rajoy”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar