Méndez Romeu critica a "desconfianza, afastamento e menosprezo" de Feijóo ao sector turístico galego

Méndez Romeu critica a "desconfianza, afastamento e menosprezo" de Feijóo ao sector turístico galego

Méndez Romeu critica a "desconfianza, afastamento e menosprezo" de Feijóo ao sector turístico galego

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “desconfianza, afastamento e menosprezo” que demostra Feijóo cara ao sector turístico galego. Nas portas da temporada de verán, o portavoz socialista utilizou a sesión de control ao presidente da Xunta para lembrarlle que Galicia ten un dos peores índices de ocupación hoteleira do Estado.

Mentres, dixo, o goberno galego reduciu “á metade” o orzamento da área de turismo do goberno galego, mantén marxinado ao sector e “evita coidadosamente” a súa participación das políticas do goberno galego. Mentres, nos principais destinos turísticos de España resulta “impensable que a administración non actúe da man dos sectores empresariais”.

O resultado é que hoxe Galicia ten a rendibilidade hoteleira mais baixa do Estado, e mentres a media estatal subía un 14 por cento en Galicia baixou un 16 por cento en 5 anos, 30 puntos de diferenza. A principal praza turística de Galicia, como é Santiago, mídese hoxe ao nivel de Zamora ou Valladolid, moi por debaixo das que deberan ser as súas competidoras, como Xixón, Vitoria, Santander ou Pamplona.

Galicia ten a día de hoxe un total de 53 hoteis en venda, aluguer ou traspaso, e o presidente da Xunta non foi quén de levar aos operadores turísticos na súa recente viaxe a Hamburgo. Acusou a Feijóo de “vender tópicos, artesanía, emigración ou produtos galegos” a través de “formatos anacrónicos” como unha recepción a bordo do buque Juan Sebastián Elcano.

Un formato semellante seguiu en Xapón, onde utilizou o Instituto Cervantes para “falar de surf e de cursos de español, de novo sen empresarios”. Explicoulle que está a tratar dun sector “ultraprofesionalizado” que “adoita ir ás feiras a vender produtos e non tópicos” mentres para o presidente da Xunta “trátase de retórica e non dun negocio tanxible”.

Puntualizou que “trátase de gañar diñeiro e de crear emprego, non de destruílo como está ocorrendo” cun goberno galego que destina dous millóns de euros –dun orzamento total de 3 millóns- a “pagar exposicións na cidade da cultura”. Lamentou que “cun millón restante non foi quén de levar aos empresarios do sector ás feiras” e a “principal aportación” na materia sexa “a tradución ao galego dun documento relixioso”.

Aeroportos

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de apoiar os plans do Ministerio de Fomento para privatizar Aena e os aeroportos galegos, “en declive dende que goberna vostede”. Desafiou a Feijóo a explicar “cómo vai garantir a súa supervivencia –no sector privado- con resultados de explotación negativos”.

Méndez Romeu criticou tamén que o presidente da Xunta “non é quen de facer unha proposta intelixible” relacionada co sector industrial, no que coa súa xestión condenou ao desemprego a unha cuarta parte dos empregos. Ao mesmo tempo, o I+D+i ten sufrido un “retroceso escalofriante” baixo o goberno de Feijóo.

Lamentou que a recente viaxe a Hamburgo teña “falado do movemento de contedores no porto de Hamburgo e cómo impulsalo en Galicia”, que representa o 2 por cento do total estatal, cun descenso de cinco puntos no último ano.

Criticou o desleixo do presidente da Xunta, que a pesares de nomear aos presidentes dos portos de interese estatal Galicia perde peso portuario no mapa estatal, e mesmo o téxtil galego está sendo exportado a través dos portos de Leixôes ou Bilbao, en detrimento dos de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar