Méndez Romeu advirte que recorrerán ao Constitucional se a Xunta segue sen responder ás preguntas parlamentarias

Méndez Romeu advirte que recorrerán ao Constitucional se a Xunta segue sen responder ás preguntas parlamentarias

Méndez Romeu advirte que recorrerán ao Constitucional se a Xunta segue sen responder ás preguntas parlamentarias

O portavoz socialista sinala que o goberno incumpre a Lei ao responder tan só ao 45 por cento das solicitudes de información formais presentadas polos socialistas

O PP impide a comparecencia de Feijóo para dar conta dos novos datos sobre financiamento irregular do PPdeG

méndezO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu que os socialistas presentarán un recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional se o goberno continúa vulnerando a Lei e ocultándolle información ao Parlamento. Así llelo dixo hoxe á presidenta da Cámara na reunión da Xunta de Portavoces da Cámara autonómica.

O responsable socialista lembrou que o Goberno tan só ten respondido, no que vai de lexislatura, a 126 das 277 preguntas formais formuladas a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, un 45 por cento. Denunciou o incumprimento da norma e a vulneración constante dos dereitos da oposición, e polo tanto da cidadanía “que presenta estas preguntas a través de nós”.

Méndez Romeu adiantou que “malia que veñan Feijóo e Rueda a farfullar escusas e dar estatísticas, o certo é que a información está a ser sistematicamente negada”. Logo de 5 anos de requirimentos á presidenta, que teñen sido puntualmente ignorados, os socialistas advirten que “ou convence o goberno para que cambie de actitude e isto comece a funcionar con normalidade ou presentamos un recurso ao Constitucional”.

Explicou que este é o único recurso que lle resta ao Grupo Socialista “logo de cinco anos” nos que o goberno galego ou ben elude responder ou ben presenta respostas desaxeitadas aos deputados galegos. As preguntas formuladas a través do artigo 9 son requirimentos de información a través da Presidencia do Parlamento e o goberno ten un prazo de 30 días para responder, de acordo co Regulamento do Parlamento.

O responsable socialista advertiu tamén que o PP vén de vetar de novo a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta dos novos datos coñecidos sobre o financiamento irregular do PPdeG baixo a súa responsabilidade.

Pregunta ao presidente

O portavoz do Grupo Socialista explicou que a pregunta ao presidente do Pleno da próxima semana centrarase no incremento reiterado da fiscalidade ás familias galegas por parte do goberno de Feijóo. A sesión incluirá tamén unha moción sobre o fracaso da política industrial do goberno galego e unha interpelación sobre o “papel irrelevante” do goberno galego na negociación das condicións de desenvolvemento da PAC co goberno.

En materia de benestar, os socialistas presentarán unha proposición non de Lei sobre a desprotección na asistencia sanitaria aos galegos e galegas, así como unha iniciativa para incentivar a vivenda en aluguer e o uso de vivendas baleiras.

Tamén será debatida unha interpelación sobre as políticas que afectan aos servizos públicos das familias, e dúas preguntas orais sobre a arbitraxe xudicial na estafa das participacións preferentes e sobre as eivas na atención á saúde mental dende o sistema sanitario público.

Erasmus

Méndez Romeu dixo tamén que a supresión das bolsas erasmus constitúe unha “irresponsable merma de dereitos e de oportunidades de estudo” que deixa ademais desprotexidos aos galegos e galegas cun novo recorte sumado á continua redución de renda e cobertura de bolsas de estudos.

O responsable socialista anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias “arredor deste ataque” que, dixo, vulnera a irretroactividade das leis, pois lle retira o dereito ás bolsas aos estudantes cando xa as tiñan concedidas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar