Méndez Romeu advirte dunha minoración e discriminación nas partidas de gasto social da Xunta

Méndez Romeu advirte dunha minoración e discriminación nas partidas de gasto social da Xunta

Méndez Romeu advirte dunha minoración e discriminación nas partidas de gasto social da Xunta

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou unha “minoración e discriminación moi forte” nas partidas de gasto social da Xunta. Na comparecencia do secretario xeral de Presidencia na Comisión de Orzamentos, criticou o “absoluto abandono das prácticas de transparencia e bo goberno” por parte da Xunta dende a chegada de Feijóo.

Méndez Romeu sinalou que os programas correspondentes a Igualdade sofren en 3 anos unha rebaixa do 71, 73 e 78 por cento, unha caída que afecta principalmente ás asociacións que discrepan da ideoloxía do PP. Neste sentido, dixo que mentres minoran asociacións de loita contra a violencia de xénero, potencian outras asociacións “con obxectivos semellantes aos que defende o PP no seu programa”.

Advertiu que a Xunta resulta “coherente no obxectivo de buscar a igualdade de maneira discriminatoria: igualdade cos que pensan como nós e discriminatorio co resto”. Sinalou tamén a redución sistemática do gasto destinado a emigración, que só mantén o “aparello de propaganda política” cunha “grave falla ética por parte do presidente da Xunta, que ou ben deixa facer porque non se enteira ou ben é coñecedor e o ampara”.

Apuntou así que mentres abandonan o Hospital Galego de Bos Aires, co que “non se nota ningún interese polos emigrantes, pero polos seus votos é máximo”.

Criticou que a dirección xeral de Emigración minora o seu gasto sistematicamente cunha redución do 9 por cento no último ano, acumulando un descenso do 44 por cento nos últimos 3 anos, quedando convertido nunha “axencia electoral”. Como exemplo puxo a viaxe a Bos Aires do presidente da Xunta “de bolos electorais a prol de Rajoy mentres Ourense enteiro ardía” na última vaga de incendios.

Sinalou a redución do 8 por cento das actuacións derivadas da Lei de Galeguidade, así como das transferencias ás corporacións locais para atención aos emigrantes –reducen un 19 por cento-. Sinalou que as axudas para entidades que agrupan a emigrantes diminúen un 9 por cento e as transferencias de capital redúcense nun 31 por cento.

Gasto de persoal

O responsable socialista advertiu que os gastos de funcionamento mantéñense “exactamente igual que hai tres anos” mentres o gasto en persoal reduciuse un 2 por cento a pesares da redución salarial no sector público. Sinalou que “a única área en materia de persoal onde a Xunta e o presidente están obsesionados e minora sistematicamente é nos funcionarios docentes”.

Méndez Romeu sinalou que os orzamentos en materia de audiovisual e CRTVG reduciranse un 28 por cento no próximo ano, acumulando un descenso do 78 por cento en tres anos. Mentres, a Xunta incumpre a obriga de destinar o 6 por cento ás empresas de produción audiovisual, a distribución entre subsectores e discriminan ás compañías que reciben subvencións”.

Mentres, a CRTVG reduce o seu orzamento nun 2,6 por cento, menos que o gasto social, cando os informativos están en “crise” polo “sectarismo e flagrante desinformación cando non terxiversación”. Sinalou que, mentres, aumentan as partidas destinadas a axudas aos medios de comunicación “supoñemos que para os que están en grave crise”.

Lamentou tamén o descenso nos orzamentos destinados a deporte, que neste ano minóranse nun 6 por cento, acumulando unha redución do 48 por cento dende a chegada de Feijóo. Dixo que “van camiño de considerar esta dirección xeral como irrelevante” diante da redución do 46 por cento nas transferencias ás federacións deportivas, do 39 por cento nos investimentos e do 49 á dinamización deportiva.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar