Méndez Romeu acusa ao PP de estar en contra do municipalismo ao negarse a crear unha comisión para adaptar as corporacións locais á coxuntura económica

Méndez Romeu acusa ao PP de estar en contra do municipalismo ao negarse a crear unha comisión para adaptar as corporacións locais á coxuntura económica

Méndez Romeu acusa ao PP de estar en contra do municipalismo ao negarse a crear unha comisión para adaptar as corporacións locais á coxuntura económica

O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Luís Méndez defendeu esta tarde no Pleno do Parlamento unha moción na que o Grupo Parlamentario Socialista reclamaba crear unha Comisión non permanente especial, encargada de propoñer as medidas normativas, organizativas e políticas necesarias para adaptar as corporacións locais á actual conxuntura económica e ás novas demandas sociais.

A moción socialista inspírase no consenso acadado no eido das Entidades Locais, e nas reivindicacións recollidas nas propostas de resolución da recentemente celebrada Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Logo de recordar que esta iniciativa supón un “custe cero para as arcas públicas”, Méndez Romeu salientou que as Entidades Locais son conscientes da situación derivada tanto da situación económica a evolución demográfica así como das dificultades que xera unha planta creada para unha sociedade agraria no XIX.

O parlamentario do PSdeG-PSOE salientou o alto grao de consenso existente na Federación municipalista e apelou a este como un elemento que faga sensible á Xunta a estas demandas.

O socialista resumiu en tres obxectivos principais as demandas dos concellos galegos: Mantemento de servizos, simplificación das estruturas administrativas e eficiencia.

O Grupo Socialista esixe ao goberno galego que traballe pola “construción de consensos sociais e políticos no plano local, que abranga asuntos como a elaboración dunha lei de Administración e o Financiamento local, a execución plena do Pacto Local no relativo ás transferencias en materia de saúde e o ensino, o emprego ou os servizos sociais”.

Mendez Romeu citou tamén as demandas en materia de tributación local, de supresión das subvencións finalistas cara a un financiamento incondicionado.

O parlamentario socialista lamenta a negativa do Grupo Popular a que prospere a moción pois, insistiu Méndez Romeu, xa que recolle o pronunciamento unánime do municipalismo galego sobre a necesidade de que o financiamento condicionado deixe paso ao financiamento incondicionado, para limitar a marxe de discrecionalidade da Xunta, que os concellos, “de todas as forzas, incluídos os do PP, consideran lesiva para os seus intereses”, dixo.

A moción socialista pon de manifesto a dificultade dos concellos para desenvolver o seu planeamento e recolle a demanda das Entidades Locais dun novo pacto polo territorio, algo do que “parece só estar en contra o conselleiro”, apuntaba Méndez. A iniciativa, insiste o deputado socialista, recolle tamén a demanda dun plan de transporte eficaz.

Todas estas son demandas no ámbito competencial da Xunta e a súa materialización, indica Méndez Romeu, “só precisan de vontade política”. Por iso lamenta que o Goberno non teña aproveitado que se lle teña tendido a man para poder resolver estas demandas xurdidas dun amplo consenso no seo da Asemblea da Fegamp, na que estiveron presentes varios membros da Xunta, incluso o seu Presidente.

Por esta razón, Méndez Romeu, reprocha aos populares que non poden “aducir ignorancia”, e acusa ao Goberno galego e ao Grupo Popular de “estar en contra dos concellos e do Poder Local galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar