Méndez Romeu acusa á Xunta de precarizar ao 55% dos investigadores galegos

Méndez Romeu acusa á Xunta de precarizar ao 55% dos investigadores galegos

Méndez Romeu acusa á Xunta de precarizar ao 55% dos investigadores galegos

O portavoz de Economía e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou á Xunta de ter perdido 3 xeracións de investigadores e precarizar a situación laboral do 55 por cento deles pola falla de apoio do Goberno. Preguntou á Xunta na Comisión de Industria polo descenso dun 32 por cento no orzamento dos programas de I+D da Xunta en dous anos.

Méndez Romeu advertiu que a falla de apoio da Xunta sitúa aos investigadores galegos nunha “situación preocupante” porque “no mellor dos casos sitúanse por baixo dos 2.000 euros mensuais” cando son a base da mellora da competitividade futura da economía galega. Dixo que a paralización das bolsas Manuel Colmeiro impide a consolidación dos investigadores e supón a perda de tres xeracións.

Dixo ademais que a Xunta ten considerado unha “redución notable do esforzo investigador de Galicia” diminuíndo o orzamento destinado aos programas de I+D nun 32 por cento en dous anos. Isto supón que mentres o orzamento para I+D aumentou dende o 0,87 por cento ao 1,04 por cento do PIB entre 2005 e 2008, hoxe diminuíu ata o 0,96, “moi lonxe do suposto obxectivo do 2 por cento anunciado pola Xunta”.

Advertiu que, ademais, “temos noticia que dos 360 millóns de euros de fondos tecnolóxicos da UE destinados a Galicia só foron utilizados o 10 por cento”, ademais de que se dea a paradoxa de que os centros tecnolóxicos de Industria e Innovación e do Sergas carezan de liñas de investigación. Esta situación, dixo, “afectará ao sistema de desenvolvemento de Galicia” por canto minora a competitividade da economía galega.

O parlamentario socialista advertiu que a “febleza na que o goberno galego coloca ao sistema de investigación de Galicia é contraria ao que debera ser, afástanos do que se está a facer nas autonomías máis desenvoltas do Estado e a tendencia comunitaria”. Engadiu que “supón a perda de xeracións altamente cualificadas de investigadores que non teñen máis saída que emigrar”.

Plan Galego de I+D

Méndez Romeu esixiu á Xunta que presente no Parlamento o seu anunciado Plan Galego de I+D, e amosou a súa estrañeza pola negativa do conselleiro de Economía e Industria a presentalo na Cámara. Advertiu que o motivo pode ser que “ten menos recursos orzamentarios que o Plan anterior –elaborado polo goberno socialista- e algunhas das súas liñas de actuación non teñen os compromisos necesarios”.

Lamentou que o actual conselleiro “non teña claro qué explicar” a tódolos galegos neste sentido logo de que o anterior goberno socialista fixera un “esforzo extraordinario na contratación e dignificación dos investigadores coa idea da súa incorporación paulatina ao sistema público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar