A Xunta permanece "axeonllada" ante o Goberno central ao rexeitar presentar un recurso contra o decreto das primas eólicas

A Xunta permanece "axeonllada" ante o Goberno central ao rexeitar presentar un recurso contra o decreto das primas eólicas

A Xunta permanece "axeonllada" ante o Goberno central ao rexeitar presentar un recurso contra o decreto das primas eólicas

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou á Xunta de permanecer “axeonllada” ante Madrid. Así o dixo logo de que o PP rexeitara no Pleno de hoxe unha moción na que os socialistas reclamaban un recurso de inconstitucionalidade contra o decreto de supresión de primas ás eólicas e a súa suspensión cautelar.

O responsable socialista lamentou que o PP mesmo rexeitara a proposta socialista de reclamar un réxime excepcional para as instalacións galegas afectadas por este decreto, tal e como si fixo con Canarias. Dixo que o rexeitamento frontal do PP e o Goberno galego evidencia que “non vai haber desenvolvemento eólico en Galicia, e só haberá unha responsabilidade: a do goberno de Feijóo e do PP”.

Criticou que o PP “non se atreve” a defender esta postura porque “non cren xa no concurso eólico”, e lembrou a contradición coa postura belixerante do conselleiro cando, fronte ao goberno socialista, anunciou que “torpedearían” unha minoración das primas do 40%. Salientou que, cando o PP suprime totalmente estas axudas por decisión de Rajoy, acéptano sinalando que “hai que asumir que é polo ben de todos”.

Méndez Romeu dixo que este voto en contra demostra que “a palabra do presidente da Xunta reiterada durante tres anos non vale absolutamente nada” logo de que comprometera a súa aposta polas enerxías renovables. Acusou ao PP e á Xunta d

e “asistir inermes á destrución do tecido produtivo galego, provocar a liquidación do sistema financeiro galego e asistir a un crecemento vertixinoso do desemprego”.

Intereses de partido

Sinalou que Feijóo primou os “intereses de partido” e “consideracións de oportunidade” diante dos intereses dos galegos e galegas demostrando que “non soubo estar á altura” para permitir o desenvolvemento dos proxectos ligados ao concurso eólico e o impulso da economía de Galicia.

Apuntou que o presidente da Xunta mantivo un “compromiso cativo e uns resultados inanes” na súa aposta polas enerxías renovables comprometida no discurso de investidura. A conclusión, tres anos despois, é que “non temos nin liderado, nin novos desenvolvementos nin un novo megavatio asinado en 2011”, e mentres comprometía o concurso eólico como “antídoto contra o paro” a realidade é “baleiro, pura parálise”.

O responsable socialista criticou o “descarado intervencionismo, falla de prudencia e carencia de capacidade de diálogo” amosado pola Xunta á hora de desbotar o anterior concurso eólico e retrasando o proceso ata a súa parálise por este decreto do Goberno central. Dixo que a chegada de Rajoy foi “a fin dun soño” cunha norma que elimina as primas, pecha o rexistro de preasignacións e condena o concurso eólico ao “limbo”.

Lamentou que fronte aos anuncios de 12.000 empregos e 6.000 millóns de euros de investimentos demostraron estar “feitos da materia do sono do goberno galego” demostrando “confusión e falla de ideas”. Dixo que o Executivo autonómico demostrouse lastrado polo seu “voluntarismo” e “superado por unha situación económica diante da que non é quén de facer unha alternativa”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar