Méndez Romeu acusa á Xunta de destrozar o Igape e critica o "despilfarro do seu orzamento"

Méndez Romeu acusa á Xunta de destrozar o Igape e critica o "despilfarro do seu orzamento"

Méndez Romeu acusa á Xunta de destrozar o Igape e critica o "despilfarro do seu orzamento"

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de acusar ao Goberno galego de estar “destrozando literalmente” o Igape, o principal organismo de apoio ás empresas. Recrimina á Xunta “terse negado a introducilo na senda da modernización”.

O deputado socialista reprochou aos responsables do Goberno e de este organismo o “despilfarro do seu orzamento” argumentando que destinan 15 millóns de euros a contratos de prestacións de servizo e só 50 millóns de euros a axudas e subvencións ás empresas.

O portavoz de Industria denunciou a “inexistencia dun modelo recoñecible, dunha estratexia xeral que faga perceptible ás empresas a onde vai o Igape”.

Segundo o deputado, “o Igape non pode seguir polo camiño dos últimos anos, pasando de estar nas páxinas económicas a ocupar espazo na crónica xudicial e, con frecuencia, as dedicadas aos maiores escándalos da vida pública”.

Neste sentido fixo fincapé na xestión incontrolada de este organismo, protagonista de “novas escandalosas como a autocesión a empresas dalgún directivo ou sucesos pintorescos, como o da oficina de Miami”. Un caso que serviu ao deputado socialista para recriminar ao conselleiro de Industria, como Presidente do Igape e á dirección deste organismo a “privatización da área internacional”, levada a cabo polo que fora secretario xeral ata decembro pasado. Dáse a circunstancia de que se trataba dun exfuncionario da Confederación de Empresarios, organismo que recibiu 18 millóns do IGAPE para encargarse desta externalización.

O parlamentario socialista engadiu a estas críticas a “burocracia e lentitude do Igape” queixa principal dos empresarios que recorren a este instituto. A ausencia de criterio fai que moitas das axudas estean por baixo do umbral da cantidade que as fan eficaces. Son axudas por baixo de 3000, 1000, incluso de 100 e 200 euros. Por biaxo do coste da axuda para propio Igape. E todo isto sucede “sen o control necesario”, afirma Méndez.

Existe ademais unha “escandalosa, política de persoal”. O Igape ten modificado o cadro de traballadores para enchelo de directivos e postos de libre designación, producindo un notable desequilibrio da plantilla. Respecto á polñitica de persoal Méndez tamén reprochou que ante unha irregularidade “os directivos non son cesados, senón trasladados ata que son reincidentes”.

Méndez Romeu presentou unha proposición non de lei para fixar criterios de funcionamento e control no Igape. Propoñía o Grupo socialista a introdución de inmediato de criterios de profesionalización na estrutura do Igape, reducindo os postos de libre designación e implantando unha estrutura racional e eficiente; implantar, no prazo de dous meses, procedementos de control interno en todas as propostas de axudas, préstamos ou avais e desenvolver as actuacións necesarias para que sexan apartados das súas funcións e sancionados se os feitos son comprobados, os funcionarios ou directivos que teñan incorrido en condutas impropias segundo a lexislación vixente.

Tanto o intento de transacción como o voto negativo á iniciativa por parte dos populares demostran que “non son conscientes do problema do que estamos a falar”, indicou Méndez.

O portavoz de Industria denunciou que a política empresarial da Xunta amosa unha “foto fixa de improvisación”. “Temos unha idea aproveitemos a lei de Industria para cambiar o planeamento urbanístico, e temos outra idea e sacamos un novo plan eólico...”, ironizou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar