Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar os contratos de Feijóo coas empresas do narcotraficante amigo seu

Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar os contratos de Feijóo coas empresas do narcotraficante amigo seu

Méndez Romeu acusa á Xunta de agochar os contratos de Feijóo coas empresas do narcotraficante amigo seu

Méndez Romeu acusa a Feijóo de “limitar a democracia ao mínimo imprescindible” e incumprir a legalidade ao furtar a documentación solicitada polos socialistas

Sinala que o PP de Santiago é “o maior pozo de corrupción da vida pública galega” e sinala que “a falla de control deriva inexorablemente en corrupción”

Os socialistas protestan polo adiamento ao mes de febreiro dunha interpelación sobre os fondos comunitarios

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao goberno galego de agochar os contratos de Feijóo coas empresas do narcotraficante amigo seu. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na que os socialistas esixíronlle ao goberno galego que cumpra a Lei e entregue a documentación solicitada dende o Parlamento.

Os socialistas galegos reclamaron ademais que o goberno galego aparte aos altos cargos responsables do incumprimento destas normas “ou da desaparición ou destrución de documentación oficial”. Dixo que negándose a entregar a documentación, Feijóo demostra que “impulsa unha democracia limitada ao mínimo imprescindible” para eludir o control dos gobernos.

Explicou que a falla de control sobre o executivo “deriva inexorablemente en corrupción”, e denunciou que o goberno galego “antepón a razón de partido aos intereses de país e dos cidadáns”, centrándose exclusivamente no “interese electoral”. Así o demostra, engadiu, que a Xunta non teña atendido ningunha das 90 peticións de comparecencia do presidente e dos conselleiros realizadas polos socialistas galegos.

Méndez Romeu lembrou que a Xunta ten deixado sen responder 150 das 334 solicitudes de documentación oficial realizadas polos deputados a través do artigo 9. A Xunta deixa sen responder o 45 por cento das peticións de documentación “carecendo de argumentos xurídicos” e demostrando “desprezo ao Parlamento”, demostrando “violencia sobre a orde democrática”.

Contratos de Marcial Dorado

Sinalou que o goberno galego eludiu presentar na Cámara autonómica a documentación correspondente aos contratos asinados pola Xunta coas empresas de Marcial Dorado na etapa en que Feijóo dirixiu o Sergas, entre os anos 93 e 98. Sinalou que a Xunta tamén elude presentar os contratos coas empresas que aparecen no sumario do caso Gürtel e que tamén contrataron coa Xunta como parte do presunto financiamento irregular do PP.

Méndez Romeu dixo que o goberno tampouco presenta os contratos do naval, as axudas incluídas no Plan Ferrol ou a documentación sobre as liñas de axuda do Igape, a situación de Pescanova, os cambios de accionariado de empresas públicas, a auditoría de KPMG, que negou durante un ano, os convenios con plans de acción social, documentación sobre o funcionamento da administración, ou os informes de contratación solicitados.

Dixo que as únicas razóns para que non presenten esta documentación son que “ou ben comprometen a honorabilidade do goberno, desmenten anuncios e propaganda oficial ou non teñen o contido que o goberno di que teñen”.

Pozo de corrupción

Méndez Romeu explicou que a diferenza entre o goberno socialista na Xunta e o actual é que “sobre cada un dos asuntos que o PP denuncia compareceu o goberno, algo que con Feijóo non acontece, había un goberno que comparecía e hai un goberno que fuxe da realidade”. Replicou que mentres o PP critica supostos casos do pasado a realidade é que hoxe teñen en Santiago de Compostela “o maior pozo de corrupción da vida pública galega”.

Orde do día

O portavoz socialista presentou hoxe unha protesta polo adiamento da interpelación á conselleira de Facenda sobre a incidencia dos programas e iniciativas comunitarios para a economía galega. Méndez Romeu criticou que a conselleira rexeitara comparecer onte pola tarde, cando si que estivo na Cámara, obrigando a adiar esta iniciativa ata o mes de febreiro, cando o debate sobre o reparto de fondos comunitarios “sexa historia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar