Méndez Romeu acusa a Guerra de "tapar a presunta corrupción nos escándalos do Igape"

Méndez Romeu acusa a Guerra de "tapar a presunta corrupción nos escándalos do Igape"

Méndez Romeu acusa a Guerra de "tapar a presunta corrupción nos escándalos do Igape"

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu presentou unha interpelación para reclamar explicacións sobre as medidas que adoptou o Goberno de Feijoo para garantir a transparencia, coherencia, legalidade e igualdade de trato das axudas e subvencións autorizadas polo Igape.

Méndez Romeu dixo que o esta acontecendo no Igape “son unha sucesión de escándalos, incidentes, ceses, imputacións xudiciais e irregularidades, e diante da pasividade de todo o Goberno de Feijoo”. Ademais acusou ao Conselleiro de “tapar a presunta corrupción política” nos escándalos deste organismo. E insistiu nas súas criticas “hai ceses cando se fan públicos determinados asuntos e conducías de colisión de intereses”.

O deputado aludiu as subvencións, destapadas na chamada Operación Campeon, que deparou que dous altos cargos do Igape foron retidos e detidos para prestar declaración e aportar documentación, e lembra ademais que esta asunto xudicial aínda non esta resolto. Pero denuncia que o Goberno de Feijoo “non os cesou, simplemente os separou do seu cargo”. Finalmente o director foi cesado e o subdirector traslado.

A dia de hoxe estes dous altos cargos esta imputados neste proceso xudicial, xunto con outros 14 altos cargos da Xunta.

Mais polo miúdo o parlamentario explicou que meses mais tarde coñecemos que este mesmo o Subdirector do Igape “concedeu unha subvención de mais de 7 millóns de euros a empresas propiedade do seu cónxuxe, e nun tempo record”. Ademais lembrou que o alto cargo visitou estas empresas subvencionadas “algo que non é habitual”.

Pola contra replica que a dia de hoxe están publicadas o listado de subvencións do Iagpe, no que se pode constatar que hai empresas que reciben axudas por un importe de menos de 1.000 euros e incluso mais baixas, e “incluso axudas de 400 euros”.

Fundación da Autoridade Portuaria de Vigo recibiu 200.000 euros

Pero advirte que este problema non “o teñen outras entidades”, como por exemplo a Fundación da Autoridade Portuaria de Vigo, que baixo a presidencia de Corina Porro “que recibiu 200.000 euros para non facer ningunha actividade empresarial coñecida”.

Sobre a privatización da rede internacional do Igape, Méndez Romeu afirma que “foi desmantelada”, e denuncia que asinou un convenio cunha empresa sen concurso público. Ademais tampouco se coñecen informes que avalan a supresión da principal area de traballo do Igape, “xa que foi eliminada, o persoal despedido e as oficinas pechadas”. Explica que agora este servizo esta sub-arrendado, por iso quere coñecer “si existe control sobre este servicio?”, insistiu. No que se refire as oficinas no Exterior explica que “están nunha situación curiosa”, xa que advirte que “hai un gran descontrol”.

A oficina de Miami 6000 euros ata o 2013

Sobre a oficina de Miami sinala que esta pechada desde xuño, pero ten que pagar o arrendamento ata o ano 2013, por un importe de 6.000 euros mensuais. O persoal nesta oficina tamén foi despedido, e o servizo foi subarrendado sen concurso publico e sen experiencia no mercado, por valor de 3.000 dólares mensuais, e que non desempeña ningunha función e que por riba ten outro traballo noutra empresa. Asegura que hai dous becarios contratados para a oficina de Miami en Galicia, pero que non foron enviados alí “por falla de traballo”.

Sobre a oficina de Dusseldorf (Alemaña) a Xunta ten un local arrendado por 29.000 euros, na que traballa unha becaria, que non ten ningún tipo de dirección. Ademais esta responsable foi trasladada á Cámara Comercial de España en Berlín que depende do ICEX.

Méndez Romeu afirma que a Xunta de Feijoo esta pagando alugueres, para que os becarios contratados traballen para outros organismos sen presentar ningún tipo de servicio á internacionalización das empresas galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar