Méndez Romeu acusa a Feijóo de “rachar 35 anos de consenso” nas reformas da Lei Electoral e considera que “despreza o Parlamento e a xente”

Méndez Romeu acusa a Feijóo de “rachar 35 anos de consenso” nas reformas da Lei Electoral e considera que “despreza o Parlamento e a xente”

Méndez Romeu acusa a Feijóo de “rachar 35 anos de consenso” nas reformas da Lei Electoral e considera que “despreza o Parlamento e a xente”

O portavoz dos socialistas no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “rachar 35 anos de consenso” nas reformas electorais. “Demostra así que despreza o Parlamento e a xente”, manifestou.

Nunha pregunta oral no pleno da Cámara, Méndez Romeu mostroulle a Feijóo o programa electoral do Partido Popular de Galicia do ano 2009, “cando pedían unha maioría cualificada de dous terzos para calquera modificación da Lei Electoral, co obxectivo de acadar o consenso”.

O portavoz do PSdeG apuntou que “non cumpre o seu propio programa electoral, porque non cumpre case nada do que di, vostede non é un presidente fiable, ignora as súas propias promesas e agora quere rematar co pluralismo democrático e as minorías”.

Os socialistas lamentan que Feijóo “sexa o presidente do seu partido e non da sociedade galega, forma parte dos ultras e extremistas do PP que queren cambiar as regras de xogo de forma unilateral cunha reforma en beneficio particular, aínda que no súa formación hai persoas que non están dacordo”.

Méndez Romeu lembrou a suposta calidade democrática do presidente da Xunta nos últimos anos, “reflictida na precariedade do Consello de Contas, do Valedor do Pobo ou da Compañía de Radio Televisión de Galicia, incumprindo un pacto para aprobar a súa nova estrutura”.

Na súa resposta, o presidente da Xunta manifestou que a transparencia é boa en Galicia, ao que o portavoz socialista engadiu: “Xa o vemos cando non di nin unha palabra sobre os informes da UDEF que falan de pagos en negro no PP de Pontevedra, de financiamento irregular, de sobres e soldos irregulares ou das súas amizades con Pablo Crespo ou Marcial Dorado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar