Méndez Romeu acusa a Feijóo de "fuxir para non dar explicacións" da imputación do goberno de Santiago por suposta prevaricación

Méndez Romeu acusa a Feijóo de "fuxir para non dar explicacións" da imputación do goberno de Santiago por suposta prevaricación

Méndez Romeu acusa a Feijóo de "fuxir para non dar explicacións" da imputación do goberno de Santiago por suposta prevaricación

Lembra que o rexedor, tamén imputado en outras dúas causas diferentes, foi escollido por Feijóo “dende o seu despacho” logo da renuncia do alcalde electo

Puntualiza que “as conviccións para a loita contra a corrupción de Feijóo están baixo mínimos, si é que existen”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “fuxir para non dar explicacións” sobre a imputación do goberno de Santiago por suposta prevaricación. Así o dixo logo de constatar que o presidente da Xunta fixo coincidir unha “oportuna viaxe” a Madrid co día en que comeza o xuízo e no que sete edís do goberno local sentaranse no xulgado.

Méndez Romeu advertiu da importancia da opinión do presidente da Xunta toda vez que foi el quen escolleu “dende o seu despacho” ao actual alcalde da Corporación Municipal, Ángel Currás, tamén imputado por prevaricación en outras dúas causas, logo da renuncia do rexedor electo, ao ser responsable dun caso de evasión fiscal.

Considerou un “escándalo absoluto” que o presidente do goberno galego “considere que non ten que facer nada nin esixir responsabilidades” mentres o goberno da capital de Galicia está sentado no banquillo dos acusados por un suposto delito de prevaricación”. Demostra, engadiu, que “as conviccións de Feijóo contra a corrupción están baixo mínimos, si é que realmente existen”.

En lugar de dar conta desta situación, advertiu, o presidente da Xunta “improvisa unha nova estratexia cada vez que hai un incidente xurídico” para que “non ocorra nada” cando un xuíz abre un xuízo oral contra os representantes do seu partido, demostrando “base probatoria suficiente”. Lamentou que a súa estratexia sexa a mesma en Santiago que en Trazo ou Porriño, onde “non ocorre nada” para os seus alcaldes imputados.

Criticou que “tampouco ocorre nada cando o conselleiro do Territorio asina o planeamento urbanístico do concello da Estrada para que despois sexa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quen llelo bote abaixo”. A única reacción, apunta, foi precisamente manter paralizada dende xullo a Comisión de Investigación sobre a corrupción en Galicia, constituída a petición dos socialistas galegos.

Lembrou que os socialistas galegos, a diferenza do PP, “temos clara unha liña vermella”, que é a apertura de xuízo oral ou a aplicación de medidas cautelares que, dixo, “poden ser discutibles e debatidas, pero constitúen unha barreira infranqueable”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar