Méndez Romeu: “A suspensión dos incentivos as renovables afunde ao sector eólico e deixa sen emprego a 12.000 persoas”

Méndez Romeu: “A suspensión dos incentivos as renovables afunde ao sector eólico e deixa sen emprego a 12.000 persoas”

Méndez Romeu: “A suspensión dos incentivos as renovables afunde ao sector eólico e deixa sen emprego a 12.000 persoas”

O Portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista Jose Luis Méndez Romeu interveu hoxe no Pleno da Cámara para coñecer a posición do Goberno de Feijoo sobre o Real Decreto-Ley 1/2012 do 27 de xaneiro, da supresión dos incentivos económicos para a produción de enerxía eléctrica a partir de coxeneración, fontes de enerxía renovable e residuos.

O deputado dixo que esta suspensión fará inviable o desenrolo do concurso eólico de Galicia “12.000 empregos que non se crearan, 6.000 millóns de euros que non se investiran e 1.000 millóns de canon ambiental que non se recadaran”. E advertiu “este sector queda paralizado nun momento de vital importancia”.

Méndez Romeu acusou a Feijoo de “fracasar coa súa política”. E asegura que a Xunta renunciou a exercer os nosos dereitos “reclamando esta norma”. E insistiu nas súas criticas “que decidan os Tribunais de Xustiza sobre a legalidade da Lei”. E lembrou que foi promulgada en contra dos intereses de Galicia, e ademais aceleraron a suspensión de primas para excluír aos parques eólicos do ultimo concurso.

O parlamentario afirma que Feijoo “abandonou ao sector eólico”. E asevera que “a conselleira de Industria non pode presentar ningún progreso en enerxía renovable, so retrasos”, resumiu.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar