Méndez Romeu: “A falla de políticas de emprego e os recortes da Xunta provocan un novo récord de parados”

Méndez Romeu: “A falla de políticas de emprego e os recortes da Xunta provocan un novo récord de parados”

Méndez Romeu: “A falla de políticas de emprego e os recortes da Xunta provocan un novo récord de parados”


O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que a falla de políticas de impulso do emprego, unidas aos recortes aplicados polo goberno de Feijóo na economía produtiva, provocaron que Galicia volvera acadar, no mes de decembro, a maior cifra de parados de toda a nosa historia dende que existen estatísticas.

O responsable socialista sinalou que o mes de decembro mostra unha vez máis cómo as políticas do PP en Galicia teñen consecuencias nefastas, con 258.234 persoas desempregadas. Aludiu así ás cifras do paro coñecidas hoxe e que fan que Galicia remate o ano cun novo récord de parados logo de incrementar os desempregados en 4.818 persoas só no mes de decembro, sendo a segunda autonomía con maior incremento.

Méndez Romeu explicou que este aumento mensual do 1,9 por cento contrasta co medre do paro no 0,04 por cento en toda España, o que equivale a un incremento de 1.897 parados. O responsable socialista sinalou que Galicia acada un “ritmo vertixinoso de destrución de emprego” cincuenta veces superior ao resto do Estado.

Ademais advertiu que as cifras supoñen un aumento anual do 8,82 por cento, fronte ao 7,86 por cento do conxunto do Estado, e iso “sen incluír a “bolsa de parados agochada” pola utilización da clave S-698.

Axustes duros

Advertiu que a política de axustes duros que defende Rajoy ofrecerá os mesmos resultados coa levada a cabo por Feijóo. Explicou así que, de acordo cos datos de afiliación á Seguridade Social, a falla de políticas do Goberno galego provocou a perda dun total de 7.450 postos de traballo no pasado mes –un 0,76 por cento fronte ao 0,11 por cento de media estatal-, sete veces máis que no resto do Estado.

Isto supón unha perda de 30.880 empregos no que vai de ano –o 3,1 por cento fronte ao 2 por cento de media no Estado-. O responsable socialista lembrou que dende a chegada de Feijóo ao goberno a súa política de axustes provocou a perda de 64.976 afiliados á Seguridade Social –o 6,3 por cento fronte ao 4,6 por cento estatal-.

Responsabilizou ao presidente da Xunta de ter “dilapidado” a vantaxe acadada polas políticas socialistas do goberno de Touriño, que acadaran unha perda de empregos 2,1 puntos inferior á media estatal. Sinalou que, malia ter comprometido a redución do paro en 45 días, a conclusión tres anos despois é un aumento do diferencial negativo en relación co Estado en 3,2 puntos, o que supón a destrución de 32.721 empregos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar