Méndez Romeu: "A ausencia da Xunta levará á extinción dos asteleiros en cuestión de meses"

Méndez Romeu: "A ausencia da Xunta levará á extinción dos asteleiros en cuestión de meses"

Méndez Romeu: "A ausencia da Xunta levará á extinción dos asteleiros en cuestión de meses"

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, cualificou de “inadmisible” que a Xunta “fique pasiva, sen estratexia global e carente de iniciativa” diante da crise dos estaleiros galegos, abocados á “extinción da súa actividade” en cuestión de meses.

Méndez Romeu cualificou hoxe de “desastre total” a ausencia do goberno galego mentres o conselleiro de Economía e Industria, responsable do sector, fica “aparentemente desaparecido”. Mentres, dixo, Feijóo realiza “promesas vagas” sen respaldo orzamentario, é incapaz de acadar o respaldo do Goberno central, incumpre os compromisos asumidos no mes de marzo pasado nun Consello celebrado en Ferrol e condena á industria viguesa.

Neste sentido, advertiu que o Goberno galego non foi quen de cumprir co seu compromiso de poñer en funcionamento os terreos da antiga Imenosa en Ferrol, mantén paralizadas as propostas de construción dun novo dique flotante e un centro de reparación nesta Ría e tampouco foi quén de poñer en marcha unha liña específica de axudas ás industrias auxiliares.

O responsable socialista considera “difícil atopar maior desinterese” que o amosado pola Xunta de Feijóo, que “non foi quén de acadar do Ministerio un incremento da oferta para os estaleiros de Navantia”. Mentres, dixo, a suspensión do “tax lease” dificulta e impide novos contratos para os estaleiros de Vigo e Pontevedra, que logo dunha longa historia de escollos “dificilmente poderán superar novas limitacións”.

Méndez Romeu lamentou a actitude de “claudicación, silencio e submisión” amosada polo Goberno de Feijóo dende a chegada do PP á Moncloa logo de terse amosado

“vociferante e falando en alta voz” de xeito reiterado fronte ao goberno socialista. Criticou que o Goberno galego teña dado a calada por resposta para defender a un sector que non acada un novo contrato dende 2008.

Criticou a pasividade da Xunta diante da suspensión do “tax lease”, as bonificacións financeiras nos contratos de construción, impedindo novos contratos. Subliñou o silencio de Feijóo cando o Goberno central negocia bonificacións de entre o 1 e o 3 por cento, cando ata maio de 2011 esta era do 23 por cento e, logo da súa suspensión por Bruxelas, criticaban a proposta de redución ao 17 por cento por parte do anterior Executivo.

Proposta

Os socialistas presentaron hoxe unha iniciativa parlamentaria para reclamarlle ao goberno galego o desenvolvemento dunha política global para o sector naval galego que faga un enfoque a medio e longo prazo co conxunto das empresas, a industria auxiliar e as organizacións sindicais e empresariais. Reclamou o deseño conxunto dun plan de actuacións para o sector público e privado para realizar un novo modelo de xestión.

Reclamou a consideración dos intereses da industria auxiliar, a identificación de novos nichos de actividade. Tamén propuxo a negociación de medidas sociolaborais “non traumáticas” que permitan “salvagardar o know-how –saber facer-” a través dun fondo de formación coa participación do sector, os gobernos central e autonómico e fondos comunitarios, deseñando medidas para incrementar a competitividade.

A proposta socialista reclama así ao Goberno galego que asuma as conclusións que presentou a Mesa do Naval de Galicia o pasado 17 de xaneiro, para trasladalas tamén ao Goberno de España. Méndez Romeu reclamou un novo Fondo de Garantías Patrimoniais “independente do anteriormente existente”.

Finalmente, reclama a elaboración en dous meses dun estudo de necesidades e viabilidade do sector, determinando as condicións necesarias para garantir a viabilidade das empresas que reúnan as condicións necesarias, que deberá ser presentado na Cámara autonómica e na mesa sectorial.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar