Méndez lamenta que o PP renuncie a rematar a terceira rolda da Coruña en 2012

Méndez lamenta que o PP renuncie a rematar a terceira rolda da Coruña en 2012

Méndez lamenta que o PP renuncie a rematar a terceira rolda da Coruña en 2012

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu lamentou que o PP teña renunciado expresamente a rematar a terceira rolda da Coruña no ano 2012, en contra do compromiso asumido por Feijóo. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha emenda socialista a unha iniciativa “baleira” presentada por este grupo no Pleno do Parlamento e que foi votada hoxe.

O socialista coruñés lamentou que o PP “pretende que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento traballen sen ningunha presa, sen prazo nin compromiso” presentando unha iniciativa “ditada polo Goberno Central que demostra descoñecer a realidade da que fala”. Sinalou que esta iniciativa corrobora a parálise e reprogramación das infraestruturas comprometidas que anunciou a ministra de Fomento na súa pasada comparecencia.

Acusounos de “fuxir de calquera alusión a ningún compromiso e debuxa un modelo económico baseado na parálise do investimento produtivo e a redución salarial e dos dereitos dos traballadores”. Lamenta que o goberno central siga coa traxectoria do Goberno autonómico, que dende a chegada de Feijóo foi “especialmente cicateiro cos investimentos para A Coruña”.

Lembrou así o retraso do tramo autonómico da terceira rolda, que foi aprobada no ano 2000 pero non comezou ata o ano 2006, grazas ao goberno socialista, e que de novo foi paralizada coa chegada de Feijóo ao Goberno galego para esperar ao cambio de goberno na cidade. Sinalou que o compromiso do PP coa cidade redúcese a “600 metros construídos por ano” para unha obra de tan só 3,7 quilómetros.

Sinalou que, malia que hoxe xa non hai razóns para retrasar a obra “un só mes mais”, malia o cal o PP ten rexeitado unha emenda socialista que situaba como horizonte o remate do tramo autonómico da terceira rolda no ano 2012. Advertiu que o PP tamén rexeitou reclamar do Ministerio de Fomento a finalización do tramo estatal desta obra en 2012, de acordo coas previsións orzamentarias aprobadas polo goberno socialista.

Esta proposta do PSdeG, rexeitada polo PP, incluía que o goberno galego participara no proxecto de construción da Estación Intermodal, “cofinanciando as obras de acordo coas competencias que ostenta, integrando a actual Estación de Autobuses no deseño da devandita Intermodal”. Sinalou que esta obra “de súpeto atopa atrancos na Xunta, o concello e o Delegado do Goberno, adiantando que vai ser reprogramada e adiada”.

Tamén reclamaba ao Ministerio de Fomento o cumprimento dos prazos de execución do AVE “rexeitando calquera adiamento” porque “non pode entenderse que as necesidades das infraestruturas varíen en función dos cambios no Executivo”, o que de novo foi rexeitado polo PP. Tamén rexeitaron a axilización do proxecto do metro lixeiro “para que poida ser incluído nos orzamentos da Xunta do ano 2013”.

Advertiu que fronte aos compromisos asumidos polos gobernos socialistas para coas infraestruturas da cidade da Coruña, o PP “só ofrece verbas”, o que “introduce preocupación e nos afastan deses obxectivos” ao presentar unha iniciativa “orfa de compromisos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar