Méndez denuncia a “absoluta incapacidade” da Xunta na xestión da problemática das telepeaxes lusas

Méndez denuncia a “absoluta incapacidade” da Xunta na xestión da problemática das telepeaxes lusas

Méndez denuncia a “absoluta incapacidade” da Xunta na xestión da problemática das telepeaxes lusas

O portavoz de Economía, Industria, Innovación e Política Exterior do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou a “absoluta incapacidade” da Xunta na xestión da problemática das telepeaxes nas autovías de Portugal. Preguntou hoxe en Comisión parlamentaria pola ausencia da Xunta diante deste problema un ano despois de ter sido anunciada por Portugal.

Criticou a “incapacidade absoluta amosada polo Executivo autonómico para afrontar problemas aparentemente sinxelos e puntuais” como é habilitar un mecanismo para que os galegos e galegas poidan asumir o custe destas peaxes. Sinalou que o feito de que hoxe non se estean producindo multas aos vehículos galegos débese a que polo momento os dispositivos non len as matrículas españolas e non á xestión da Xunta.

Dixo que a Xunta coñece desta decisión de Portugal dende hai un ano, e en vigor dende hai seis meses, a pesares do cal Feijóo “non ten feito nada” nin desde a Xunta nin desde á Asemblea da Agrupación Europea de Cooperación Territorial –AECT-, que presentou como mecanismo para “xestionar infraestruturas comúns, hospitais e liñas de transporte”. A realidade, sinalou, é que “a AECT a día de hoxe non ten nin un só proxecto en curso”.

Afectados 75.000 galegos

O parlamentario socialista sinalou que esta situación prexudica cada día a 75.000 galegos e galegas que empregan as vías de comunicación portuguesas e que “sofren unha situación incómoda e lesiva”. A situación provocou a redución do tráfico de Galicia co Norte de Portugal nun 18 por cento, con 700.000 vehículos menos nos primeiros meses da posta en marcha do mecanismo.

Sinalou que Viana do Castelo ten rexistrado unha diminución do comercio nun 50 por cento, e a hostalería reduciuse noutro 57 por cento, chegando a que mesmo a Confederación de Empresarios de Pontevedra ten amosado a súa alarma sen que o Goberno galego reaccionara ata o momento.

Méndez Romeu dixo que a raíz do problema é que “non hai estratexia de acción exterior dende a Xunta de Galicia nin mecanismos constantes que actúen fronte aos problemas existentes”. Lamentou a ausencia dunha “relación estable cos propios socios” nin a coordinación entre as administracións onde hai intereses comúns máis alá de “reunións sistemáticas entre funcionarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar