Méndez acusa á Xunta de escribir "a acta de defunción do proxecto eólico en Galicia"

Méndez acusa á Xunta de escribir "a acta de defunción do proxecto eólico en Galicia"

Méndez acusa á Xunta de escribir "a acta de defunción do proxecto eólico en Galicia"

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou á Xunta de “escribir a acta de defunción do proxecto eólico de Galicia”. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista no que reclamou un recurso contra o decreto de supresión das primas ás enerxías renovables por invasión de competencias, reclamando a súa suspensión.

O responsable socialista dixo que a “parálise total” do goberno galego supón “desactivar a totalidade do sector da enerxía eólica de Galicia” ao carecer de proxectos industriais e responder co “silencio” diante do decreto de suspensión das primas. Advertiu que “a única alternativa posible é a derrogación do Real Decreto Lei” que “se salta as competencias autonómicas” e é aprobado de xeito unilateral sen consultar cos afectados.

Advertiu que un recurso abriría a posibilidade de suspender o Decreto para iniciar a modificación da norma garantindo que “a lo menos os parques concedidos no último concurso teñan viabilidade”. Dixo que “o contrario “e renunciar á totalidade dos proxectos industriais e asumir que no que queda de lexislatura nada se fará en materia industrial e de creación de emprego” .

Lembrou así que o mesmo conselleiro anunciara que “torpedearían” calquera intento de minorar as primas un 40 por cento, e cando Rajoy decidiu suprimilas ao cen por cen “decidiron calar”. Advertiu que este silencio contrasta coa “belixerancia” do goberno galego contra o anterior Executivo socialista sobre o decreto do carbón, que recorreron infrutuosamente no Tribunal de Estrasburgo como no Supremo.

A realidade, dixo, é que o decreto de supresión das primas evidenciou que Feijóo “carece de capacidade de influenza sobre o novo goberno de España malia que sexa a terceira autonomía en potencia eólica instalada” e Canarias si que conte cun réxime de excepcionalidade.

Placebo

O responsable socialista sinalou que a realidade é que o Plan eólico que Feijóo presentou como antídoto contra o paro en realidade “non chega á categoría de placebo nin en doses homeopáticas”. Dixo que a decisión de paralizar o anterior concurso, retrotraendo catro anos de traballo para iniciar un proceso novo provocou que “agora non teñan resultados”.

Dixo que mentres o presidente da Xunta prometía un investimento de 6.000 millóns de euros, 12.000 novos postos de traballo e 1.000 millóns de euros en ingresos fiscais, a realidade é que 2011 rematou sen que en Galicia se puxera en funcionamento nin un só megavatio” nin deste concurso nin dos xa concedidos.

Actualmente, explicou, o sector eólico atópase en dificultades que poñen en perigo os proxectos industriais debido á crise económica e a caída da demanda “e porque non son viables pola derrogación do marco de primas á nova potencia concedida”.

Apuntou que as empresas manteñen os megavatios e seguen cos trámites burocráticos malia que “non hai actuacións en curso nin industriais nin eólicas”, mentres os empresarios “dan a lexislatura por perdida porque non é posible o desenvolvemento dos proxectos industriais nin dos propios plans”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar