Mellora de condicións para a quenda de oficio da avogacía

Mellora de condicións para a quenda de oficio da avogacía

Mellora de condicións para a quenda de oficio da avogacía

XustizaA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para mellorar as condicións dos letrados que atenden á quenda de oficio. Ademais de levar coas contías conxeladas dende 2009, teñen que enfrontarse ás medidas impostas polo PP para “dificultar, burocratizar e facer moito máis lenta e inaccesible a xustiza”. A deputada socialista leva ao Parlamento a proposta unánime presentada pola Avogacía galega ao Consellería de Xustiza, dirixida por Alfonso Rueda, quen ata o momento non ten feito “ningún caso” ás demandas deste colectivo que reclama unha mellora no desglose dos conceptos incluídos no baremo de compensación. Sinala que o informe sobre a prórroga dos baremos de compensacións ao ano 2016, feito público no Consello da Xunta de onte, resulta “meramente cosmético e absolutamente insuficiente”. Así, reclaman o incremento das contías polas actuacións que prestan os profesionais da Quenda de Oficio para actualizar o IPC rexistrado dende 2010, así como incluír novos conceptos que xa existen pero non constan no baremo. Trátase, explica, de concursos, conciliacións, vía administrativa, medidas cautelares ou reconvencións. Ademais, insta á Xunta a “autorizar a designación de procurador de

oficio na orde contencioso – administrativa coa fin de que represente ao beneficiario de asistencia xurídica gratuíta”. Finalmente, reclama que o goberno galego destine fondos públicos para sufragar as actuacións prestados polos profesionais designados á defensa das persoas xurídicas “logo de acreditada a imposibilidade de cobro da persoa xurídica”. Actualmente os xulgados penais requiren a designación de letrados para a defensa de persoas que, de acordo co Constitucional, non teñen ese dereito, polo que os avogados non son compensados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar