Mellora da seguridade para a pesca deportiva en terra

Mellora da seguridade para a pesca deportiva en terra

Mellora da seguridade para a pesca deportiva en terra

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, propuxo hoxe á Xunta a regulación das normas de seguridade para a pesca deportiva dende terra. Soneira presentou unha proposición non de Lei no Parlamento para que estes pescadores utilicen chaleco, casco e localizador para situacións de emerxencia.

A responsable socialista sinala que malia que a pesca deportiva a flote ten reguladas as condicións de seguridade esixibles tanto para a embarcación como para os deportistas, a súa modalidade dende terra “está baleira de normas, de obrigado cumprimento, que fagan posible a mellora da seguridade dos deportistas e a súa localización no caso de accidente”.

Por este motivo reclama que, polo menos, teñan obriga de uso dun chaleco salvavidas homologado, dun casco de protección para a cabeza e dun localizador para situacións de emerxencia. Sinala que “hoxe a tecnoloxía permite facilitar a localización e o rescate dos virtuais accidentados, reducindo os tempos de rescate, aforrando horas de sufrimento e incrementando notablemente as posibilidades dun desenlace feliz”.

Sinalou neste sentido que “con demasiada frecuencia asistimos a episodios tráxicos onde un pescador é protagonista dun accidente grave ou, desgraciadamente, con resultado de falecemento, que podería ser outro de contar o protagonista cun mínimo de medidas de seguridade pasivas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar