Mellora da atención sanitaria nos cárceres galegos

Mellora da atención sanitaria nos cárceres galegos

Mellora da atención sanitaria nos cárceres galegos

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamou hoxe a mellora da atención sanitaria á poboación reclusa garantindo unha dotación acaída nos dispositivos dos cárceres galegos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que salientou a receptividade do goberno galego á proposta de Interior de transferirlle ás comunidades autónomas a atención sanitaria nos cárceres.

O responsable socialista advirte que hoxe permanecen sen cubrir o 15 por cento das prazas de persoal sanitario no sistema sanitario, o que supón o empeoramento da atención aos reclusos, afectando á calidade dos recoñecementos médicos ou provocando un menor control na dosificación dos medicamentos.

Apunta que no caso de Teixeiro tan só están cubertas 3 das 8 prazas dispoñibles de médicos, nun centro que entre 2012 e 2017 ten perdido ata 16 efectivos de dirección, intervención, burocracia, vixilancia e tamén sanitarios. Esta situación é de “alta precariedade” nos 5 cárceres principais que hai hoxe en Galicia.

Díaz Villoslada fixo extensiva a petición de mellora das condicións laborais a todo o persoal que traballa nos centros penitenciarios, e reivindicou a súa homologación co resto do Estado.

Sinalou as difíciles condicións nas que desenvolven o seu traballo, cun evidente risco para a súa integridade física e psicolóxica, sometidos a habituais vexacións, ameazas e insultos, ata o punto que o mesmo centro de Teixeiro rexistrou 60 agresións ao seu persoal.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar