Mellor financiamento para as federacións deportivas galegas

Mellor financiamento para as federacións deportivas galegas

Mellor financiamento para as federacións deportivas galegas

O deputado Juan Manuel Díaz Villoslada reuniuse esta mañá no grupo socialista con representantes das federacións deportivas galegas (Ufedega) para escoitar as súas demandas. Villoslada trasladoulles tamén as iniciativas rexistradas polos socialistas para reclamar “un mellor financiamento” das federacións, establecendo un marco plurianual 2017-2020 “que asegure a suficiencia económica do sector” e “un apoio real ao deporte galego”.

 

As federacións deportivas galegas denuncian o pouco investimento da Xunta no deporte. Nos últimos anos o deporte galego perdeu máis do 50% do seu financiamento, e para o ano 2017 só se destina o 0,22% dos orzamentos a este sector. Na reunión, os socialistas coincidiron coas federacións na necesidade de darlle ao deporte a importancia que ten desde o goberno galego, enfocándoo a políticas de educación e a saúde.

 

Villoslada lembrou que Galicia está pola cola das comunidades autónomas en financiamento en deporte por habitante, e que gran parte do “abandono” por parte da Xunta está a ser paliado pola colaboración dos concellos e as deputacións. Reclama “un financiamento plurianual, máis estable para o sector e para as infraestruturas deportivas”, e pide que a nova secretaria xeral para o deporte e o presidente da Xunta amosen “máis sensibilidade” coas reclamacións de Ufedega.

 

Entre as reclamacións trasladadas esta mañá polas federacións está a necesidade de que os seguros deportivos se instrumenten a través do Sergas, a importancia de recuperar o deporte escolar, “abandoado” pola Xunta, ou o desenrolo de moitos aspectos da Lei do Deporte de Galicia. Tamén poñen en cuestión o sistema de licencia única deportiva, que “non está a servir para o desenrolo de competencias a nivel autonómico”, denuncian.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar